107 marcas protagonizan o Túnel do Viño da D.O. Rías Baixas na Feira Prowein 2019


20 de marzo de 2019.- A Feira Internacional de Viños e Bebidas Espirituosas ProWein convertiuse un ano máis na cita máis importante do sector do vio a nivel mundial, á que non faltou a Denominación de Orixe Rías Baixas. O stand do Consello Regulador estivo novamente emprazado no pavillón internacional do ICEX, e contou cun túnel do viño, un espazo de cata, que acolleu un total de 107 marcas da denominación.

Os visitantes puideron probar estes 107 vinos, pertencentes a 59 adegas, de xeito libre e cómodo. Ademais, o stand contou cun espazo ocupado por 16 adegas que acoden á feira como coexpositoras.

Ata o recinto feiral de Messe, en Düsseldorf (Alemaña), desprazáronse por sexto ano consecutivo o director xeral e a xefa do departamento de marketing do Consello Regulador, Ramón Huidobro e Eva Mínguez. Profesionais de todo o mundo puuideron participar nesta cita desde o 17 ata o 19 de marzo. Uns 60.500 visitantes profesionais de 133 países pasaron por esta feira na que participaron máis de 6.800 expositores de 64 países.

Mercado Alemán
Alemaña é o quinto mercado exterior dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas durante o exercicio de 2018. O pasado año exportáronse a ese país un total de 288.541 litros de viños Rías Baixas. A importancia deste mercado fai que conte cun plan promocional específico que o Consello Regulador desenvolve no país.