59 marcas competirán na XXXI Cata Concurso Rías Baixas Albariño de Cambados


30 de xullo de 2019.- 59 marcas da Colleita 2018 participarán na XXXI Cata Concurso Rías Baixas Albariño, que terá lugar no Salón Bazán do Parador de Cambados durante este xoves e venres, 1 e 2 de agosto. 150 marcas da denominación estarán presentes na novena edición do Túnel do Viño en Cambados. As dúas citas están enmarcadas dentro das actividades da LXVIII Festa do Viño Albariño Denominación de Orixe Rías Baixas.

A Cata Concurso Rías Baixas Albariño comezará este xoves ás 10:00 horas, coa denominada Cata Prima. Nela o panel de cata dividirase en dous para avaliar todos os viños, que serán puntuados segundo a normativa da Organización Internacional do Viño (OIV). Os doce ou catorce (dependendo da decisión do xurado) mellores viños pasarán á Cata Derradeira, que se celebrará ao día seguinte, o venres, ás 11:00 horas. Dela sairán as tres marcas premiadas, que os situarán entre os mellores Rías Baixas Albariño da Colleita 2018. Os premios serán entregados durante o almorzo oficial do Capítulo Serenísimo, que terá lugar o domingo 4 de agosto no Pazo de Torrado.

Esta Cata Concurso, organizada polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, contará cun panel de cata integrado por 22 expertos, pertencentes tanto ao panel de cata interno deste Consello como a un externo disposto para a ocasión. O panel externo estará composto por:

 

· Maite Lapresta, directora da revista Sobremesa e integrante do comité de cata de Vinoselección e da Unión Española de Catadores, así como xurado de varios concursos como os Premios Baco.

· Ignacio Pérez Lorenz, licenciado en Ciencias da Información, sumiller e experto catador. Xornalista especializado en gastronomía e viños en TVE. Traballa nos Servizos Informativos da televisión pública (Telediario) e é o responsable do blog en rtve.es “Gastronomías”.

· Raúl Serrano, prestixioso sumiller e catador, ademais é o director de cata da revista Vivir el Vino e do anuario de Vivir el Vino-365 vinos al año.

· Mara Sánchez Vicente, catadora e xornalista freelance do sector vinícola e gastronómico, escribe para El Confidencial, a guía de viños Proensa, Planeta Vino, Vozpopuli e Sobremesa.

· Manuel Herrera y Coronado, catador e experto en viños, é o artífice da adega Finca Herrera.

· Andrés Sánchez Magro, maxistrado de profesión e crítico de viños no diario La Razón, colaborador en Intereconomía e La Razón, ademais de propietario da enoteca Taberna Averías.

· Jaime Bermúdez, director técnico, enólogo e director de compras de Vinoselección.

· Juan Manuel Ibáñez, director de Vinoselección durante dez anos e socio fundador da UEC, formou parte de importantes comités de cata.

· Mikel Ceberio, crítico gastronómico do diario Deia e autor da súa propia Guía de Vinos, fundou a revista Viandar da que foi director durante moitos anos. Colabora con varios medios de comunicación de radio, TV e prensa escrita e é colaborador do Basque Culinary Center.

Túnel do Viño

El IX Túnel do Viño en Cambados abrirá as súas portas o xoves, 1 de agosto, ata o domingo 4. O Salón José Peña acollerá 150 marcas pertencentes a 60 adegas da denominación que se poderán degustar polo prezo de 15 euros. As persoas asistentes contarán co asesoramento dun sumiller profesional. O horario de apertura das instalacións é de 12:00 a 14:30 horas e de 19:00 a 21:30 horas o xoves e o venres, mentres que o sábado e o domingo abren de 11:00 a 15:00 horas.

Comparte:
30 de xullo de 2019.- 59 marcas da Colleita 2018 participarán na XXXI Cata Concurso Rías Baixas Albariño, que terá lugar no Salón Bazán do Parador de Cambados durante este xoves e venres, 1 e 2 de agosto." data-share-imageurl="https://doriasbaixas.com/sites/default/files/default_images/slider1.jpg">