79 marcas de Rías Baixas participan estes días en Vinexpo Burdeos dentro do pavillón do ICEX


15 de maio de 2019.- Setenta e nove marcas de 45 adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas participan desde o luns ata o xoves en Vinexpo Burdeos 2018 dentro do stand do Consello Regulador, situado no pavillón do ICEX. Precisamente, o espazo que ocupan as 79 marcas de Rías Baixas está disposto como se dun túnel do viño se tratase, co claro obxectivo de que o profesional poida degustar as diferentes marcas con toda a información necesaria, grazas á ficha de cata que arroupa a cada botella.

Entre os viños presentes estes días en Vinexpo atópase un amplo abano das elaboracións que se realizan actualmente na denominación. Así, o profesional poderá catar desde viños elaborados sobre lías, con madeira, así como algún escumoso de calidade e selección de colleita. En canto ás colleitas atópanse 43 marcas de 2018, 25 pertencentes a 2017, cunha calificación fue “Moi Boa”, catro marcas de 2016, colleita calificada como “Excelente”, tres de 2011, así como unha de 2010.

A Denominación de Orixe é un expositor habitual en Vinexpo Burdeos, feira bienal, dirixida a visitantes profesionais e considerada un dos máis importantes salóns de viño e bebidas espirituosas a nivel mundial.  Á participación do Consello Regulador hai que sumar a dalgunhas adegas que acoden cun stand propio ou dentro do posto do seu importador. As cifras falan por si soas: esta edición acollerá 2.000 marcas, conta con 40.000 visitantes profesionais procedentes de 150 países. Están presentes nesta cita ineludible co mundo do viño, o secretario xeral do Consello, Ramón Huidobro, e a técnica de mercadotecnia Rosa Martínez.

As exportacións na D.O. Rías Baixas representan o 28% das vendas totais dos seus viños, que en 2018 acadaron os 25.562.695 litros calificados, dos que 7.184.455,47 litros destináronse a uns setenta países durante o exercicio 2018. Destaca a súa presenza en Estados Unidos, Reino Unido, Porto Rico, Holanda, Alemaña, Irlanda, Canadá, México, Suecia e Bélxica, respectivamente.