Cinco prescritores de Reino Unido visitan estes días a D.O. Rías Baixas


Cinco prescritores de Reino Unido visitan esta semana a Denominación de Orixe Rías Baixas. Harry Cooper, Pippa  Wright, Alessia Ferrarello, Viorel  Filip, Isobel Salamon son destacados profesionais especializados do sector. De feito, tres deles son catadores en restaurantes con estrelas  Michelín, mentres que dúas desenvolven a súa profesión en Edimburgo e Norfolk. Estes profesionais veñen co obxectivo de descubrir o traballo desenvolvido neste territorio, así como ampliar os seus coñecementos sobre os viños que aquí se elaboran. 

O percorrido comezou hoxe luns cunha breve charla introdutoria e unha cata cunha vintena de marcas na sede do Consello, o Pazo de Mugartegui. Unha vez finalizada esta primeira toma de contacto comezaron cun percorrido por diferentes adegas que se completou cunha travesía en barco pola Ría de Arousa. Esta viaxe, no que coñecerán un total de oito adegas de diferentes subzonas, finalizará este mércores pola tarde en Santiago de Compostela.


Segundo mercado exterior

Reino Unido é o segundo destino dos Rías Baixas no estranxeiro. As vendas a ese país representan o 23,97 %. Por iso, o Consello Regulador conta cun Plan de Promoción específico neste país. Ademais das visitas de prescritores, tamén se poñen en marcha outro tipo de accións como catas específicas, encontros con profesionais do sector, showrooms, participación en feiras…

Na actualidade, das 181 adegas adscritas a esta denominación 109 atópanse xa en plans de exportación, máis dun 56%. Destas, 84 empresas exportan os seus viños a Reino Unido, segundo mercado internacional para os viños de Rías Baixas con  2.273.718,99 litros, un incremento do 6,18% no último exercicio.


Participantes

Harry Cooper, xerente de Harry Cooper Restaurante  Fenn en Londres. Axudou no deseño de  Fenn a primavera pasada organizando unha cata con preto de 150 viños. Son populares as maridaxes de viños para os menús e sempre hai rotación de marcas.

Pippa Wright, manager e catador de  Wright  Restaurant de  Norfolk cunha estrela  Michelín no que leva traballando cinco anos.

Alessia Ferrarello, sumiller xefe no Restaurante  Sat  Bains con dúas estrelas Michelín. Anteriormente traballou nos Restaurantes: Narrativa, Berry  Bros & Rudd, Claridges e Galvin at Windows.

Viorel Filil, sumiller xefe e xerente de viños en restaurante indio con estrela Michelin. Traballou vinculada ao mundo do viño durante o últimos sete anos. Foi xuíz da “ Sommelier Wine Awards” e estuda WSET Nivel 3 e para Mestre Corte de Sommeliers Catador certificado. É a súa primeira visita a España.

Isobel Salomon, consultora de viños para Market  Street Hotel e Good  Brothers Wine Bar.