Cualificación de "Moi Boa" para la Anada 2019 da D.O. Rías Baixas


10 de agosto de 2020.- Tras un rigoroso e transparente procedemento de valoración por parte do Consello Regulador, a Anada 2019 da D.O. Rías Baixas foi cualificada polo Pleno como “Moi Boa”, cunha puntuación media de 7,2. Nun ano atípico, marcado pola COVID-19, este Consello faio público a través dunha nota de prensa, xa que a situación actual ha obrigado a cancelar os actos previstos para tal motivo.
 
Dita cualificación da Anada foi ratificada durante unha sesión do Pleno o día 26 de xuño. Esta decisión baséase nas conclusións dun informe técnico, desenvolto polo Órgano de Control e Certificación pechado a data 31 de maio, que inclúe información relativa á colleita e a vendima, datos das enquisas ao panel de expertos e valoracións de guías e prescritores especializados, así como estatísticas comparadas cos resultados das análises sensoriais e  fisicoquímicos levados a cabo na totalidade dos viños verificados por este Consello Regulador ata o 31 de maio. Precisamente, a esa data verificouse o 47,9% do viño elaborado na anada 2019 (10.638.126 litros), o que mostra un bo comportamento do mercado a pesar da inactividade económica vivida desde mediados de marzo.

Os viños da Anada 2019 contan cunha gradación media elevada que se atopa no 12,8%, mentres que o resto de parámetros sitúanse nos valores habituais. Segundo o panel de expertos do Consello, a Anada 2019 rexistra as seguintes características:

•    Fase visual: amarelo pallizo con tons  verdosos, brillantes.

•    Fase  olfativa: de intensidade media, dominando os aromas primarios  varietales con aromas  cítricos, herbáceos, froitas de óso e florais. En xeral, son viños complexos e francos.

•    Fase  gustativa: estrutura e intensidade media con grao e acidez elevados. Son viños froiteiros,  cítricos, longos e persistentes.
 

Ciclo vexetativo

Podemos afirmar que 2019 foi un ano “cunha  brotación rápida e irregular”. O vento nas subzonas do Condado  do  Tea e O Rosal produciu danos nos brotes, que tamén se viron prexudicados pola saraiba rexistrada a finais do mes de abril. A floración estivo condicionada polos fenómenos meteorolóxicos adversos, de maneira que os acios resultaron máis pequenos e menos  compactos do habitual. Con todo, os meses de agosto e setembro contaron cunha meteoroloxía estable, marcada polo tempo seco e asollado, que facilitou a correcta maduración do froito. A vendima desenvolveuse nunhas condicións propicias para recoller uvas dunha alta calidade e óptimo estado sanitario.
Aínda que se estimaba unha produción algo superior, finalmente a cifra alcanzou os 32,4 millóns de quilos, sendo un 16,04% inferior á do 2018. 

Viño cualificado
Segundo  informacións  do Órgano de Control e Certificación, a día 31 de xullo deste ano, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas xa verificara 15.813.010 litros de viño.