De viaxe por distintas provincias mexicanas cos viños da D.O. Rías Baixas e os tradicionais tacos


Os viños de Rías Baixas compartiron protagonismo cos tacos nunha viaxe gastronómica por distintas provincias de México que se desenvolveu dende o 29 ao 31 de outubro.

Durante esas datas, o restaurante República Del Taco contiu cun menú especial, maridado con viños de Rías Baixas, dirixido aos seus comensais. Donde estes viños atlánticos ensalzaban este plato tan tradicional e recoñecido da gastronomía mexicana.

O pistolezo de salida de dita experiencia cos Rías Baixas contou cunha inauguración simbólica, debido aos tempos que corren, á que asistiron importadores e distribuidores de bodegas da D.O Rías Baixas nese mercado.

México é un dos principais destinos dos viños de Rías Baixas. Atopanse na novena posición do seu top-ten, segundo cifras da campaña 2019-2020 e nel venderonse preto de 220.000 litros. Precisamente, o plan promocional de dito país foi un dos que se mantivo e readaptou en 2020 con motivo da COVID-19.