A Denominación de Orixe Rías Baixas celebra dous túneles do viño en Canarias, nos que participan 83 marcas


26 de octubre de 2018.- 460 profesionais do sector canario pasaron polos Túneles do Viño que o Consello Regulador da D. O. Rías Baixas protagonizou esta semana en Canarias. Un total de 83 marcas participaron en cada un dos túneles, nos que se puido aprezar unha mostra do traballo que está realizando neste momento a denominación. Os prescriptores canarios puideron probar viños de diferentes colleitas, desde 2010 (a máis antiga) ata 2017, viños monovarietais de albariño e tamén plurivarietais, así como viños elaborados en lías, en barrica, escumosos e tintos. Ata o arquipélago desprazáronse o director xeral, Ramón Huidobro, e a técnica de marketing Rosa Martínez.

A primeira cita tivo lugar o pasado martes nas Palmas e sumou unha participación de 210 persoas. O segundo evento celebrouse o xoves en Tenerife e acolleu a 250 profesionais.

Esta é a segunda ocasión que a Denominación de Orixe Rías Baixas visita Canarias. A primeira tivo lugar en 2006, ano no que se organizaron dous salóns do viño, tamén nas Palmas e Tenerife, que espertaron un grande interese entre o sector profesional canario. Precisamente trátase dun mercado no que estes viños poden harmonizar moi ben coa gastronomía local.