A Denominación de Orixe Rías Baixas organiza o seu primeiro túnel do viño en Pamplona


O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas organizou hoxe, por primeira vez, un Túnel do Viño en Pamplona, concretamente no Salón Florencia do Hotel NH Iruña Park. A cita, dirixida a prescriptores de Navarra (hostaleiros, distribuidores, catadores, vinotecas, tendas especializadas...), permítelles degustar 65 marcas de viños, pertencentes a un total de 26 adegas, amparados por este selo de orixe e calidade. O túnel do viño acolle tanto viños da Colleita 2016, como outras comprendidas entre 2009 e 2015, así como elaboracións especiais entre as que se atopas espumosos, viños en madeira e tintos con D.O. Rías Baixas. O horario de apertura é de 1:30 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas. Para esta cita prevese a asistencia de máis de 250 persoas que teñen a ocasión profundar nas singularidades dos viños de Rías Baixas, así como coñecer de primeira man o traballo que desenvolve esta Denominación de Orixe. Para iso, ata Pamplona desprazáronse o director xeral e a técnica de márketing do Consello Regulador, Ramón Huidobro e Rosa Martínez, quen participou nun xantar de traballo cos medios locais, ademais de asistir o devandito túnel xunto cunha importante representación de adegas da denominación. Mercado navarro Segundo datos da Consultora Nielsen de setembro de 2017, Navarra está incluída na área 6 ou Área Nortecentro, que tamén integra a Cantabria, Biscaia, Guipúscoa, Áraba, A Rioxa, Burgos e Palencia. Os viños de Rías Baixas representan o 3,3 % deste mercado, no que creceron un 0,2% con respecto ao ano anterior. Isto tradúcese en que a D.O. Rías Baixas é a cuarta denominación de orixe que máis se consome nesta área. Curiosamente tanto na canle de hostalería como no de alimentación da área Nordés crecen un 0,1 % as vendas dos viños de Rías Baixas. Xunto ao Área Nordés, a área 1; Área Sur, Área 3; e Área Este, Área 2, en todas estas zonas os viños de Rías Baixas é onde crecen máis porcentualmente de España.