A D.O. Rías Baixas completa unha nova edición do seu Curso de Inglés do Viño dirixido ás adegas


14 de diecembro de 2017.- A Denominación de Orixe Rías Baixas organizou esta semana unha nova edición do Curso de Inglés do Viño no Pazo de Mugartegui. Este Curso de Inglés para Adegas da D.O. Rías Baixas estivo dirixido polo profesor de idiomas especializado no sector do viño Andrew Black, quen impartiu novas destrezas en lingua inglesa aos 20 alumnos participantes pertencentes aos distintos departamentos das adegas.

O profesor dedicou o primeiro día a hacer un repaso do inglés vitivinícola relacionado cos aspectos diferenciadores de Galicia en xeral e de Rías Baixas en particular, e que fan desta zona unha das grandes produtoras de viños brancos do mundo.

O segundo día centrouse nunha cata doutras variedades brancas internacionais. O objetivo era dotar os alumnos dos coñecementos necesarios para realizar unha comparativa entre estes viños e os de Rías Baixas. O curso rematou cunha xornada práctica na que cada participante debería presentar o seu viño, simulando, deste xeito, un evento profesional.

Este curso é unha ferramenta moi necesaria para as adegas de Rías Baixas á hora de exportar e de recibir as visitas de profesionais do sector procedentes do estranxeiro, tamén para a participación en feiras internacionais, así como en diferentes eventos que se organizan en distintos países.