A D.O. Rías Baixas organiza na feira Prowein un túnel do viño con 96 marcas de 54 adegas


El periodista David Schwarzwälder impartió una Master Class dirigida a una treintena de profesionales dentro del programa de catas de ICEX

20 de marzo de 2017.- A Denominación de Orixe Rías Baixas regresa un ano máis á Feira Internacional de Viños e Bebidas Espirituosas ProWein, que se celebra desde onte e ata mañá no recinto feiral de Messe, en Düsseldorf (Alemaña). Localizada no pavillón internacional do ICEX, a caseta do Consello Regulador ofrece, por cuarto ano consecutivo, un túnel do viño onde os visitantes poden catar ata 96 marcas pertencentes a 54 adegas, acudindo 16 delas, ademais, como coexpositoras.

Ademais deste espazo profesional de degustación libre para os visitantes, o Consello Regulador, e no marco das catas organizadas polo ICEX ofreceu esta mañá unha Master Class sobre os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. A sesión, dirixida a unha trintena de profesionais, foi impartida polo xornalista alemán especializado en viños e Nariz de Ouro en 1999, David Schwarzwälder. 

Esta Master Class serviu para dar a coñecer as características diferenciadoras dos viños de Rías Baixas. Para iso, degustáronse ata nove marcas diferentes elaboradas por adegas das subzonas de Val do Salnés, O Rosal e Condado do Tea. Gran parte das referencias catadas son elaboracións especiais coas que se demostrou a excelente capacidade de garda dos viños desta denominación de orixe.

Mercado Alemán

Alemaña mantense como o terceiro mercado exterior máis importante dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. O pasado ano exportáronse a este país un total de 524.343,75 litros por un valor de 2.101.926,01 euros.
A importancia de Alemaña como destino dos viños de Rías Baixas reflíctese, ademais, no plan promocional específico que se desenvolve neste país. Entre as accións para ampliar o coñecemento sobre esta denominación de orixe atópase a asistencia á feira ProWein, ademais de seminarios formativos dirixidos aos profesionais do sector que se puxeron en marcha nos últimos anos.