Máis de 100 alumnos do Basque Culinary Center conclúen a súa visita á D.O. Rías Baixas co seu tradicional showcooking de productos galegos


Tras recorrer bodegas de diferentes subzonas, finalizan este viaje con una sesión de cata y coctelería, protagonizada por el Consejo Regulador de Aguardientes y Licores Tradicionales de Galicia

26 de abril de 2017.- Un total de 102 alumnos e alumnas do primeiro curso do Grao en Gastronomía e Artes Culinarias do Basque Culinary Center, acompañados por seis profesores, visitan estes días a Denominación de Orixe Rías Baixas. A viaxe a esta Denominación de Orixe converteuse nunha cita ineludible para os alumnos de primeiro que levan máis de cinco anos viaxando a esta denominación.

O percorrido destes días serviulles para ter un primeiro contacto con esta denominación e coñecer in situ como se elaboran os seus viños. Para iso, visitaron varias adegas situadas en distintas subzonas de Rías Baixas, tanto no Rosal e no Condado do Tea como no Val do Salnés.

Así, durante estas xornadas coñeceron o sistema de condución tan característico deste territorio, o emparrado, ademais de ter a ocasión de catar diferentes tipoloxías de viños desta denominación; degustacións nas que contaron coas indicacións dos propios adegueiros ou enólogos. Toda unha experiencia que, sen dúbida, non esquecerán e que lles servirá como base para as futuras clases de enoloxía que terán no Basque Culinary Center e nas que volverán centrar a súa atención nestes viños atlánticos.

A expedición centrou a xornada de hoxe na visita de varias adegas no Salnés e culminará co habitual showcooking de produtos galegos con distintivo de calidade, harmonizados con viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. Unha sesión, que correrá a cargo de cociñeiros do Grupo Nove, na adega Lagar de Pintos.

Aprecian a versatilidade dos viños da D.O.

O alumnado do Basque Culinary Center constatou a enorme verstilidade dos viños de Rías Baixas. Así, Constanza, unha estudante italiana, observa que é “un viño moi floral, con carácter, corpo e personalidade para tomalo só en copa, non necesariamente maridado”. Eduardo, alumno ecuatoriano, mostrouse asombrado cos numerosos matices que pode adquirir o albariño Rías Baixas, tanto polos microclimas nas diferentes subzonas da D.O. como polo proceso de elaboración. Veo como un viño moi adecuado para a gastronomía do seu país: “é un compañeiro excelente para un ceviche, sen dúbida”. 

A Sara, alumna vasca, esta viaxe foille de utilidade para ver “que significa este viño, o traballo que leva, o mimo que se pon nel, poñerlle cara á xente que o fai” e “trasladar daquela a súa filosofía cando o utilices na túa cociña”. A súa principal conclusión é que “temos que saír da idea de que o albariño Rías Baixas é para A ou B, xa que pode maridar con todo tipo de propostas, hai moito que explorar con el”. E Iago, alumno coruñés do Basque Culinary Center, resaltou a gran calidade e variedade dos viños Rías Baixas e o seu vínculo coa paisaxe. A visita, segundo conta, serviulles para “desprendernos de determinados prexuízos e apreciar mellor os grandes produtos gastronómicos que temos, entre eles o albariño Rías Baixas”. 

Cata e coctelería de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Como novidade, este ano os alumnos do Basque Culinary Center terán un primeiro achegamento ao Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, sendo esta comunidade autónoma a única de España cunha Indicación Xeográfica para o augardente. A sesión de cata e coctelería será protagonizada pola enóloga Sonia Otero e polo barman Anxo Camiña. Á cita tamén asistirán o presidente do Consello Regulador, José Antonio Feijóo, e a secretaria deste ente, Carmen Otero.

En primeiro lugar, a tamén vocal do Consello Regulador Sonia Otero presentará aos asistentes este tipo de destilados vinícos con sinal de calidade. Para iso, valerase dunha degustación de Bagazo de Galicia con base de uva albariño, co fin de mostrar as calidades diferenciadoras deste produto.

Seguidamente, e para mostrar a versatilidade dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, ofrecerase unha sesión de coctelería. Nela, Anxo Camiña elaborará dúas propostas entre cuxos ingredientes se atoparán o Bagazo de Galicia e o Augardente de Herbas de Galicia.