Máis de 70 marcas da D.O. Rías Baixas convocan a 250 persoas nun Salón do Viño en Marbella


2 de Abril de 2019.- 74 marcas da D.O Rías Baixas protagonizaron o Salón do Viño de 2019 en Marbella. O hotel Gran Meliá Don Pepe foi escollido para esta presentación nun mercado de gran interese para estes viños atlánticos. Ademais, 10 sumilleres de Marbella participaron na cata sobre os viños desta denominación, impartida polo técnico José Martínez.

19 adegas acudiron a esta cita co prescritor malagueño, que tivo a oportunidade de probar unha gran variedade e tipoloxía de Rías Baixas, desde unha vintena de viños da colleita 2018, vinos sobre lías (2), elaborados en barrica (5), escumosos (6), tamén seleccións de colleita, viños elaborados 100% con variedades autóctonas como a loureira e a caíño, ata diferentes colleitas 2016 (4), 2015 (6)… Unha ampla mostra do traballo que na actualidade se efectúa nesta Denominación de Orixe, caracterizado pola singularidade das súas elaboracións.

250  persoas participaron nesta actividade, celebrada onte e que caousou gran expectación entre o público asistente. Ata Marbella desprazáronse o xeral do Consello Regulador, Ramón Huidobro; Rosa Martínez, do departamento de marketing; e José Martínez, do departamento técnico.

Málaga é un mercado prioritario para a D.O. Rías Baixas, sendo unha das cidades andaluzas onde estes viños contan cunha maior presenza. De feito, esta é a terceira ocasión en que esta Denominación organiza un salón en Marbella, a anterior fora en 2015.