Rías Baixas recibe a visita dunha delegación de 10 vogais da D.O. Ribera del Duero


Se mostraron muy interesados en conocer el proceso de acreditación de la Norma UNE-EN ISO/IEC 17065 y la promoción que se hace desde el Departamento de Marketing.

19 de maio de 2017.- O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas recibiu hoxe a visita da delegación da D.O. Ribera del Duero. Este encontro ten como principal obxectivo intercambiar experiencias entre ambos os organismos e coñecer in situ o territorio e os viños de Rías Baixas.

A comitiva de 10 vogais estivo encabezada polo presidente do Consello Regulador da D.O. Ribera del Duero, Enrique Pascual García; polo director xeral, Miguel Sanz Cabrera, e polo secretario xeral, Alfonso J. Sánchez. En primeiro lugar, os participantes nesta viaxe de familiarización á Denominación de Orixe Rías Baixas asistiron a unha reunión na sede do Consello Regulador, onde foron recibidos polo presidente, Juan Gil de Araujo, e polo secretario xeral, Ramón Huidobro.

O encontro centrouse en dous grandes eixos, nos que os visitantes se mostraron altamente interesados: a acreditación da Norma UNE-EN ISO/IEC 17065 e nas actividades e planificación desenvolvida desde o CRDO Rías Baixas. Para a primeira das cuestións, o director técnico do Consello Regulador, Agustín Lago, explicou o proceso que se tivo que pasar para obter a Certificación de Produtos Agroalimentarios da ENAC, obtida a finais de 2014, así como as tarefas desenvolvidas para a acreditación do panel de cata á norma 17025.
 
A continuación, a directora do Departamento de Márketing, Eva Mínguez, ofreceu un resumo sobre as principais actividades de promoción e planificación que se desenvolve desde o Consello Regulador. Así, mencionou as campañas específicas que se realizan tanto dentro como fose do territorio español. Con respecto ao exterior, destacou especialmente a existencia dun plan propio en Estados Unidos, xa que é o principal mercado estranxeiro dos viños de Rías Baixas. A estas accións súmanse as desenvolvidas noutros países como Reino Unido, Irlanda, Alemaña, BENELUX, México ou mesmo China e Xapón.
Esta reunión complementouse cunha visita in situ a viñedos e a adegas.