Notas de prensa

Rías Baixas

mércores, 10 Xullo, 2019

10 de xullo de 2019.- Na súa firme aposta por seguir ampliando mercados, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas organizou esta semana unha xornada promocional en Kanazawa. O secretario xeral, Ramón Huidobro, trasladouse ata esta cidade para participar nas distintas actividades propostas.

mércores, 26 Xuño, 2019

25 de xuño de 2019.- A Colleita 2018 da D.O. Rías Baixas foi calificada polo Pleno do seu Consello Regulador como “Moi Boa”. Así o anunciou hoxe o presidente desta Denominación de Orixe, Juan Gil de Araujo, durante o tradicional xantar de traballo cos medios de comunicación celebrado en Madrid.

venres, 14 Xuño, 2019

14 de xuño de 2019.- A Denominación de Orixe Rías Baixas culminou en Singapur o seu roadshow por Asia, unha nova acción promocional na que conta co apoio da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, dentro do Plan Internacional de Promoción no marco do Programa Operativo de Crecemento Intelixente, para o periodo 2014-2020.

luns, 10 Xuño, 2019

10 de xuño de 2019.- A D.O. Rías Baixas continúa a súa conquista do mercado asiático cunha nova acción promocional, grazas ao apoio da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa e dentro do Plan Internacional de Promoción no marco do Programa Operativo de Crecemento Intelixente, para o periodo 2014-2020. Un total de 47 marcas pertencentes a 11 adegas amosaranse esta semana ante profesionais do sector a través de dous showrooms nas cidades de Seúl e Singapur.

martes, 04 Xuño, 2019

22 de maio de 2019.- A Denominación de Orixe Rías Baixas participa na 39 edición da London Wine Fair, que se desenvolve no céntrico recinto londinense de Olympia. Como en anteriores edicións, o expositor do Consello Regulador é un 'wine bar' no que os asistentes poden degustar ata 78 marcas pertencentes a 43 adegas. Destas empresas, un total de 25 aproveitarán o evento para buscar importador no país anglosaxón.

martes, 04 Xuño, 2019

29 de maio de 2019.- Un grupo de 20 prescriptores alemáns visitan estes días a Denominación de Orixe Rías Baixas. Alemaña foi o quinto mercado de exportación dentro desta denominación no exercicio de 2018, de aí o interese desta misión inversa.

mércores, 15 Maio, 2019

15 de maio de 2019.- Setenta e nove marcas de 45 adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas participan desde o luns ata o xoves en Vinexpo Burdeos 2018 dentro do stand do Consello Regulador, situado no pavillón do ICEX.

mércores, 15 Maio, 2019

11 de maio de 2019-. O Día Movimiento Vino D.O. celébrase hoxe por terceiro ano consecutivo. Unha vez máis, a Denominación de Orixe Rías Baixas uniuse a este brinde colectivo desde a Praza do Castelo de Salvaterra do Miño, coa actuación do grupo pontevedrés La Casa de los Ingleses. Ademais, co gallo da celebración do Día Movimiento Vino D.O., o Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra abre as súas portas durante toda a xornada de balde.

mércores, 08 Maio, 2019

7 de maio de 2019-. Todo preparado na D.O. Rías Baixas para a terceira edición do DÍA MOVIMIENTO VINO D.O. que este ano nos levará ata a Praza do Castelo en Salvaterra do Miño. O acto comezará ás 13 h. coa actuación do grupo La Casa de los Ingleses. Co gallo da celebración do Día Movimiento Vino D.O., o Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra abrirá as súas portas durante toda a xornada de balde.

mércores, 08 Maio, 2019

8 de maio de 2019.- O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas participa ata mañá na décima edición da Feira Nacional do Viño, FENAVIN, no Pazo de Exposicións e Congresos de Ciudad Real. É a terceira vez que a D.O. Rías Baixas acode a esta cita dentro do Pavillón de Galicia. Participa xunto a outras tres denominacións de orixe vitivinícolas galegas (Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras).

venres, 03 Maio, 2019

3 de maio de 2019.- 53 marcas da D.O. Rías Baixas, pertencentes a 29 adegas, participan por primeira vez hoxe e mañá na feira Vyno Dienos (Días do viño) 2019 en Vilnius, Lituania. Trátase dun mercado potencial para a Denominación de Orixe Rías Baixas e tamén para os viños españois. De feito, é a primeira vez que esta denominación acode a esta feira, así como Wines from Spain cun stand nacional.

venres, 26 Abril, 2019

24 de abril de 2019.- Un grupo de catro educadores do viño chineses visitaron a Denominación de Orixe Rías Baixas. Esta actividade estivo protagonizada por unha charla dun técnico do Consello Regulador no Pazo de Mugartegui que se completou cunha visita a tres adegas na subzona do Salnés con diferente perfil e tamaño para que estes educadores puidesen ver o mundo que rodea a variedade albariño e a súa D.O.

Páxinas