Notas de prensa

Rías Baixas

martes, 26 Xuño, 2018

A Colleita 2017 da Denominación de Orixe Rías Baixas foi cualificada polo Pleno do seu Consello Regulador como “Moi boa”. Así o anunciou hoxe o presidente desta Denominación de Orixe, Juan Gil de Araujo, durante o tradicional almorzo de traballo cos medios de comunicación en Madrid.

venres, 08 Xuño, 2018

8 de xuño de 2018.- Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas obtiveron 26 medallas nos Premios Baco Colleita 2017, o que a converte na denominación con maior número de galardóns do certame enológico de viños novos organizado pola Unión Española de Catadores (UEC). A D.O. Rías Baixas posiciónase por diante da D.O. Rioja (16 medallas) e da D.O. Rueda (12).

venres, 08 Xuño, 2018

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas acolleu, un ano máis, a cata da Guía Peñín. O responsable editorial, Javier Luengo, e o catador Alberto Buffoni avaliaron un total de 270 referencias, pertencentes á colleita 2017, que se contemplarán na vindeira edición da Guía Peñín.

martes, 29 Maio, 2018

29 de maio de 2018.- O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas organizou onte, por primeira vez, un Show Room dos seus viños en Amsterdam. Na xornada participaron 15 adegas da denominación con 29 marcas de viños. A través desta iniciativa pretendeuse que importadores, catadores, distribuidores, tendas de viño, prensa, chefs, escolas de sumillería, hostalería e catadores puidesen profundar nos seus coñecementos sobre os viños de Rías Baixas.

martes, 22 Maio, 2018

A Denominación de Orixe Rías Baixas participa novamente na London Wine Fair, que se dessenvolve ata mañá no céntrico recinto londinense de Olympia. Como en anteriores edicións, o stand do Consello Regulador é un wine bar no que os asistentes poden degustar ata 87 marcas pertencentes a 49 adegas.

mércores, 16 Maio, 2018

16 de maio de 2018.- A Denominación de Orixe Rías Baixas recibiu estes días a visita de cinco prescritores de Reino Unido. Simon Woods, David Kermode, Rebecca Dunphy, Tom Surgey e Alex Glidewell foron os participantes na misión inversa e que lles levou a visitar adegas inscritas localizadas en distintas subzonas.

martes, 15 Maio, 2018

8 de maio de 2018-. Este sábado, 12 de maio, a Denominación de Orixe Rías Baixas celebra por segunda vez o DÍA MOVIMIENTO VINO D.O. A cita terá lugar na pontevedresa Praza da Pedreira que ás 13:30 h acollerá o brinde colectivo, da man do secretario xeral, Ramón Huidobro. Para a devandita celebración dispoñeranse de máis de 30 marcas de viño de Rías Baixas.

martes, 15 Maio, 2018

15 de maio de 2018.- O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas protagonizou onte o seu segundo Salón de Viños de 2018 no NH Málaga. Un evento ao que acudiron preto de 400 prescritores da provincia (distribuidores, catadores, hostaleiros…), interesados pola evolución destes viños atlánticos.

xoves, 26 Abril, 2018

26 de abril de 2018.- O Consello Regulador levou esta semana a promoción dos seus viños ao sudeste asiático. É a primeira ocasión en que a Denominación de Orixe Rías Baixas participa na feira Food and Hotel / Prowine Asia 2018, que se desenvolve ata mañá no recinto feiral Singapore Expo da ciudad asiática.

mércores, 18 Abril, 2018

18 de abril de 2017-. O Día Movimiento Vino D.O. celébrase por segundo ano consecutivo o sábado 12 de maio. Un ano máis a Denominación de Orixe Rías Baixas unirase de novo á celebración deste Día que terá lugar na pontevedresa Praza da Pedreira coa actuación do grupo local La Casa de los Ingleses.

mércores, 18 Abril, 2018

O Consello Regulador da D.O. Rías Baixas está presente estes días na nova edición da Feira Alimentaria 2018 que se prolongará ata este xoves, 19 de abril, na Fira de Barcelona. Como novidade, esta Denominación de Orixe prantexou un túnel de 94 marcas para que o prescriptor poida probar libremente os diferentes tipos de viños que participan nesta cita. Ademais, 20 adegas de Rías Baixas acoden como coexpositoras dentro de dito stand.

martes, 27 Marzo, 2018

Un total de 102 alumnos e alumnas do Basque Culinary Center, acompañados por seis profesores, finalizan hoxe a súa visita á Denominación de Orixe Rías Baixas. Esta é a sétima ocasión na que estudantes do primeiro curso do Grao en Gastronomía e Artes Culinarias acoden a Rías Baixas para vivir unha experiencia única da man de viños de primeira calidade.

Páxinas