Reino Unido, segundo mercado de exportación da Denominación de Orixe Rías Baixas, foi o encargado de poñer o punto e final aos viaxes deste Consello Regulador en 2024. Unha cita en Londres protagonizada polo segundo Salón dos Viños e Augardentes de Galicia, organizado pola Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das II.XX Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA).
Un total de 25 viños de Rías Baixas, de colleitas comprendidas entre 2017 e 2023, participaron nesta segunda edición do salón londinense, que contou coa colaboración da Unión Española de Catadores (UEC) e o respaldo da Consellería de Economía e Industria. Dirixido a prescriptores e profesionais de Reino Unido, o evento desenvolveuse durante toda a mañá e ata primeira hora da tarde de hoxe martes. Ata alí se desprazaron o secretario do Consello Regulador e a técnica de marketing, Ramón Huidobro e Rosa Martínez, para asistir a unha cita importante para a D.O. Rías Baixas no seu segundo mercado internacional, que representa o 14% das súas vendas ao exterior.
25 viños Premium de Rías Baixas formaron parte das 111 referencias participantes neste salón, pertencentes ás cinco denominacións de orixe galegas (Rías Baixas, Monterrei, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras), ás que se sumaron 25 destilados galegos das Indicacións Xeográficas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. En total, 136 marcas galegas fixeron a súa posta de longo nun dos espazos dedicado ao viño máis prestixioso de Londres, o salón Saint James. Nel amosaron a singularidade e diversidade dous terroirs galegos.
Segundo mercado exterior
Reino Unido é o segundo maior importador de viños Rías Baixas, con 1.101.942 litros na campaña 2023/2024. As vendas a este país representan o 14% do volume total de exportación. Por iso, o Consello Regulador conta cun Plan de Promoción específico no devandito mercado, ao que xa venden 77 das súas adegas.