Volver

15 de Novembro

59 MARCAS PARTICIPAN NO SALÓN DO VIÑO DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS EN SAN SEBASTIÁN

O Salón do Viño da Denominación de Orixe Rías Baixas reuniu esta semana en San Sebastián un total de 59 marcas de diferentes tipoloxías de viños, pertencentes a 16 adegas. Más de 300 participantes, entre profesionais do sector e prensa especializada, acudiron a esta cita para coñecer as novidades que as adegas presentaron durante esta tempada. O encontro con estes viños da Galicia atlántica desenvolveuse este luns, en sesións de mañá e tarde.

Un dos obxectivos deste Salón era dar a coñecer de preto o traballo que se está facendo neste Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, cuxos viños sorprenden nas catas pola súa intensidade media e potencia en boca, pola súa frescura e as súas coupages de altísima calidade. As adegas participantes representan a tradición vitivinícola de cinco subzonas desta Denominación de Orixe: Val do Salnés, O Rosal, Condado do Tea, Soutomaior e Ribeira do Ulla.

Os participantes durante esa xornada puideron profundizar, da man das empresas asistentes, no coñecemento destes viños, a súa tipoloxía, o seu proceso de elaboración e a súa versatilidade de man. Así mesmo, puideron catar viños desde a añada de 2015 ata a 2022.

O Salón do Viño Rías Baixas contou coa presenza de Ramón Huidobro, secretario xeral do Consello Regulador desta Denominación de Orixe, e Rosa Martínez, técnica de márketing do mesmo.