Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas recibiron setenta premios no concurso europeo Decanter World Wine Awards. Devandito certame está organizado pola revista e o grupo Decanter, fundado en 1975 e presente en 99 países, e celebrouse durante o mes de agosto en Londres.
Os galardóns repartíronse en dúas medallas de platino cunha puntuación de 97 sobre 100; 4 de ouro con 96 e 95 puntos; 21 de prata con puntuacións entre 92 e 90; 31 de bronce con entre 89 e 86 puntos. Ademais, entregáronse 12 recomendacións, estas últimas para viños de Rías Baixas cunha puntuación de entre 85 e 84.
Os catadores internacionais premiaron a 44 marcas da colleita de 2019 desta denominación, 14 da 2018, dúas da 2017, 3 da 2016, outras tres da 2015, tamén 3 da 2013 e finalmente una da 2011. Con este palmarés, Rías Baixas convértese na denominación de orixe galega máis galardoada nos Decanter World Wine Awards.
O xurado da décimo séptima edición estivo integrado por 116 expertos do mundo do viño, entre eles 37 Masters of Wine e 9 Masters Sommeliers. O certame consistiu nunha cata a cegas das 16.518 mostras procedentes de 56 países. Destes viños, 13.507 obtiveron recoñecemento en forma de medalla. Concretamente, España recibiu 1.568 medallas, 4 Best in Show, 20 medallas de platino, 68 ouros e 537 pratas, entre outros galardóns.