26 de xuño de 2018.- A Colleita 2017 da Denominación de Orixe Rías Baixas foi cualificada polo Pleno do seu Consello Regulador como “Moi boa”. Así o anunciou hoxe o presidente desta Denominación de Orixe, Juan Gil de Araujo, durante o tradicional almorzo de traballo cos medios de comunicación en Madrid.
Esta decisión foi tomada durante unha sesión do Pleno celebrada o pasado 21 de xuño en base a un informe técnico, elaborado polo Órgano de Certificación e Control, que incluía datos relativos á colleita e á vendima de 2017, así como ás análises sensorial e fisicoquímica levados a cabo ata o pasado 31 de maio. Tamén se tiveron en conta os premios obtidos en diferentes concursos a nivel nacional e internacional, así como as primeiras valoracións nas guías de viños.
O presidente do Consejo non quixo pasar por alto a valoración do panel de cata, quen resaltou da colleita 2017 “a súa gran tipicidade en nariz e en boca”.
Unha quincena de adianto
O ciclo vexetativo de 2017 na D.O. Rías Baixas rexistrou un adianto de 15 días con respecto a un ano normal. A floración e purga, sen enfermidades nin pragas, foron froito dunha primavera cálida.
O periodo de envero caracterizouse por temperaturas cálidas e escasez de precipitacións, que nalgún caso concreto puideron xerar certo grao de deshidratación nalgún viñedo. As chuvias moderadas de principios de setembro axudaron a manter o excelente estado fitosanitario da uva.
Estas condicións propiciaron que a vendimia, a segunda máis grande da historia desta denominación, se producise de forma gradual e selectiva durante dous meses (do 15 de agosto ao 15 de outubro).
Viño calificado
Segundo o informe do Órgano de Certificación e Control, a 31 de maio deste ano, a D.O. Rías Baixas xa calificara 13.992.239 litros da Colleita 2017 (de novembre de 2017 a maio de 2018), un 18,86% máis con respecto ao mesmo periodo da Colleita 2016. Ademais, esta cantidade representa un 51,9% do viño elaborado na colleita 2017: 26.968.562 litros. Na actualidade máis do 26% destes viños destínase aos mercados exteriores.
Túnel do viño
Madrid foi a cidade elixida para organizar o Túnel do Viño con motivo da presentación da Cualificación da Colleita 2017. 112 marcas, pertencentes a 60 adegas desta Denominación, estarán hoxe durante toda a jornada (mañá de 11.30 a 14:00 h e tarde de 18:00 a 22:00 h) no Salón Nefer do Hotel Urban. 2015 foi a última vez que a D.O Rías Baixas organizou en Madrid un Túnel do Viño con motivo da presentación da Cualificación dunha Colleita, nese caso a de 2014.