Volver

18 de Abril

A D.O. Rías Baixas celebra por segundo ano consecutivo o día Movimiento Vino D.O. o sábado 12 de maio

18 de abril de 2017-. O Día Movimiento Vino D.O. celébrase por segundo ano consecutivo o sábado 12 de maio. Un ano máis a Denominación de Orixe Rías Baixas unirase de novo á celebración deste Día que terá lugar na pontevedresa Praza da Pedreira coa actuación do grupo local La Casa de los Ingleses.

O DÍA MOVIMIENTO VINO D.O. está concebido como unha xornada festiva, popular e participativa na que o gran protagonista será o viño D.O., por iso o acto central será un gran brindis colectivo, ás 13:30 h, no que milleiros de persoas á vez, desde distintos puntos da nosa xeografía, brindarán simultaneamente polo viño con D.O., un sinxelo xesto co que poñer en valor a calidade e a diversidade deste produto e achegalo a aqueles que aínda non o descubriron.

Esta xornada está impulsada por 26 denominacións de orixe españolas (Almansa, Arlanza, Binissalem-Mallorca, Calatayud, Cariñena, Catalunya, Cigales, Condado de Huelva, Jerez-Xéres-Sherry y Manzanilla_Sanlucar de Barrameda, La Mancha, Madrid, Montilla-Moriles, Monterrei, Navarra, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Ribera del Duero, Ribera del Guadiana, Rioja, Tacoronte-Acentejo, Uclés, Utiel-Requena, Valdepeñas, Valencia y Yecla) e por CECRV (Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas) co obxectivo de gozar e achegar o viño con denominación de orixe ao público en xeral e á mocidade en particular. O Día Movimiento Vino D.O. celebrouse por primeira vez o pasado 20 de maio de 2017, a D.O. Rías Baixas fíxoo na Praza do Concello de Cambados.

Os programas e lugares de celebración das 26 denominacións de orixe que participan no Día poderán seguirse a través da páxina web de Movimiento Vino D.O. e nas redes sociais a través do hashtag #DíaMovimientoVinoDO.