Volver

11 de Xuño

A D.O. RÍAS BAIXAS, GALARDOADA CON MÁIS DE 30 MEDALLAS NOS BACO 2024

Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas seguen a colleitar éxitos nos certames vitivinícolas. Nesta ocasión, os Premios Baco Colleita 2024 recoñeceron cun total de 31 medallas os viños da última anada. Con este resultado a D.O. Rías Baixas posiciónase como a segunda denominación de orixe más premiada neste concurso de viños novos, amosando así a gran calidade destes viños atlánticos.

Os viños de Rías Baixas conseguiron, ademais, dúas das maiores distincións deste concurso: o Gran Baco de Ouro Premio Luis Hidalgo e o premio ao Mellor Viño Branco de España colleita 2024. A maiores, recibiron outros 20 Bacos de Ouro (máis de 88 puntos), dos 100 totais, e 11 dos 152 Bacos de Plata (máis de 84 puntos).

O xurado da 39 edición dos Premios Baco Colleita 2024 estivo integrado por un total de cincuenta catadores, todos eles membros da Unión Española de Catadores (UEC) e relacionados co mundo do viño, que avaliaron en estricta cata a cegas as distintas mostras participantes.

Tras varias xornadas de cata celebradas en Madrid o pasado mes de maio, cun total de 415 viños a concurso, o palmarés –con galardóns a 39 Indicacións de Orixe- reflicte a diversidade e a singularidade do panorama vitivinícola español. Os galardóns obtidos neste certame, considerado o máis veterán adicado en exclusiva aos viños novos en España, posúen un gran valor promocional para os mellores viños novos e supoñen un respaldo á súa calidade e ao traballo de adegas e produtores.