Volver

17 de Outubro

A D.O. Rías Baixas protagoniza esta semana tres eventos en México sumando unha participación de 400 persoas

17 de outubro de 2019.- Os viños da D.O. Rías Baixas protagonizaron tres eventos esta semana en México, un dos seus principais mercados de exportación, dirixidos a profesionais, medios de comunicación e consumidor final. De feito, nas diferentes accións, que tiveron lugar esta semana, participaron unhas 400 persoas. Ata alí desprazáronse representantes das distintas adegas participantes, así como o secretario xeral do Consello Regulador e a directora de marketing, Ramón Huidobro e Eva Mínguez.

As actividades comezaron cun evento nouturno no espazo gastronómico Millesime consistente nunha cata maridaxe de cebiches. A sesión estivo dirixida polo sumiller Andrés Amor, quen lles explicou aos 40 consumidores finais mexicanos as cualidades dos viños de Rías Baixas. Neste acto tamén participou o coñecido chef Rodrigo Estrada, do Restaurante Agua y Sal.

Ao día seguinte tivo lugar unha master class, dirixida por Andrés Amor, a 36 prescriptores mexicanos. Entre eles atopábanse relevantes sumilleres, así como editores dos máis importantes diarios e revistas. Nesta actividade catouse unha decena de viños.

Seguidamente, dezaoito adegas de Rías Baixas protagonizaron un showroom dirixido a 300 profesionais do sector no que amosaron as cualidades destes viños atlánticos e as diferentes elaboracións que, neste momento, se desenvolven na Denominación de Orixe.

México es el octavo mercado de exportación de la D. O. Rías Baixas, con 251.336,50 litros vendidos en 2018, cuyo valor ascendió a 1.546.621 €. Es un país que cuenta con un plan de exportación propio, en el que se organizan eventos de este tipo y al que se suma también la participación de la feria Alimentaria México.