29 de marzo de 2019. A tortilla de patacas, mejor con ou sen cebola? É a pregunta que lanzan desde a Denominación de Orixe Rías Baixas a consumidores e internautas na súa última campaña de primavera, coa que seguen apostando por potenciar a maridaxe dos seus viños con diferentes produtos gastronómicos. E é que a resposta é clara: “que cadaquén a prepare como queira, pero que todos a gocen cun bo Albariño Rías Baixas”.
A campaña, de ámbito nacional e desenvolta entre a segunda quincena de marzo e a primeira semana de abril, ten como eixe central un spot producido por Verve Creative Group. O seu protagonista é a tortilla de patacas, que se personifica cunha voz en off e pide ser maridada cun Albariño da Denominación de Orixe Rías Baixas.
A estratexia de medios, planificada e implementada por Avante Medios, a súa axencia desde 2014, céntrase en Televisión, Internet y Revistas. Ademais da emisión do spot de campaña nas principais canales españolas, entre ellas Antena 3, La Sexta e Cuatro, este ano o Consello Regulador chegou a un acordo de Patrocinio Cultural con La 1 de TVE. Xa na parte de papel, introdúcese como novidade o desenvolvemento de accións de Branded Content en revistas femininas de alta gama, como Vogue ou Telva, así como noutras de divulgación e viajes, como National Geographic, Viajes ou Ronda Iberia. Aa estrategia dixital céntrase na difusión do spot a través de distintas plataformas dixitais, ademais de fomentar a interacción do usuario a través dunha landing page específica da campaña (http://pideriasbaixas.doriasbaixas.com/), onde poden opinar e participar nun sorteo en redes sociais.
A campaña tamén se fixo extensiva aos perfís que a Denominación de Orixe Rías Baixas ten en Facebook, Twitter, Instagram e Youtube. A súa xestión corre a cargo da axencia viguesa especializada en marketing dixital Roi Scroll. O obxectivo da estratexia dixital é conseguir que os usuarios interactúen coa marca e que se convirtan en prescriptores seus.