Volver

17 de Decembro

A Denominación de Orixe Rías Baixas desvela os viños distinguidos na octava edición da cata das anadas

A Denominación de Orixe Rías Baixas revela cales son os viños destacados na VIII Cata das Anadas. Un total de 79 marcas pertencentes a 32 adegas foron distinguidas con estas distincións bianuais. 14 viños recibiron o diploma Gran Colleita de Ouro, que implica unha puntuación superior a 92 puntos; 32 obtiveron o recoñecemento de Colleita de Ouro, cunha puntuación entre 92 e 85 puntos, e 16 alzáronse coa Colleita de Prata, con cualificacións que oscilan entre os 85 e os 82 puntos.

As adegas cuxos viños foron recoñecidos recibirán por correo postal os diplomas acreditativos. Este ano, dadas as circunstancias actuais derivadas da pandemia da COVID-19, o Consello Regulador decidiu non organizar o acto de entrega, como se fixo en edicións anteriores.

A cata, desenvolta pola Unión Española de Catadores ( UEC) coa colaboración deste Consello Regulador, tivo lugar no hotel Paseo das Artes de Madrid o pasado 26 de novembro. Trátase dun certame que pon en valor a capacidade de garda dos viños desta denominación de orixe, grazas á gran calidade das súas variedades autóctonas e ao bo proceso de elaboración levado a cabo nas diferentes adegas. Nesta edición, a D.O. Rías Baixas esforzouse ao máximo por manter todas aquelas actividades cuxa celebración sexa compatible coas normas hixiénico-sanitarias establecidas polas autoridades sanitarias. Así, este ano, por un cuestión de responsabilidade, non se organizou o tradicional Túnel das Anadas, que permitía aos profesionais e amantes do viño degustar todas esas colleitas anteriores dos viños de Rías Baixas participantes.

A Cata das Anadas ten carácter bienal e o seu obxectivo é demostrar as posibilidades de garda dos viños da denominación, así como o potencial enolóxico das variedades amparadas por Rías Baixas. Na presente edición, os catadores valoraron 79 referencias de 35 adegas. Máis concretamente, vinte mostras de 2016 e vinte e unha de 2015; trece de 2014; sete de 2013, tres de 2012; catro de 2011; cinco de 2010; unha de 2008;  tres de 2007 e unha de 2005.

Os vinte catadores responsables de cualificar o viño este ano destacaron a necesidade de desenvolver certames destas características coa máxima rigorosidade e ademais sinalaron que os viños catados atopábanse en moi boas condicións, algúns mesmo demostraron mellores calidades despois de anos en botella. O xurado estaba composto por catro expertos do panel de cata interno do Consello Regulador e dezaseis profesionais do sector do viño externos.

 

ListadoVIIICataAñadas.pdf