Volver

28 de Outubro

A vendima 2020 na D.O. Rías Baixas concluíu con preto de 34,5 millóns de kilos de uva recollidos

Neste ano de incerteza a vendima na D.O. Rías Baixas pechouse sen ningún sobresalto. As 159 adegas implicadas na campaña 2020 recolleron 34.470.166 kg de uva, un 6,38% máis que na anterior. Os rendementos medios da mesma situáronse en 8.420 kg de uva por hectárea.

As previsións apuntaban a que podería ser unha vendima máis abundante, pero finalmente os acios non pesaron todo o esperado. Como explica o director técnico do Consello Regulador, Agustín Lago, “o relevante é o óptimo estado da uva á súa entrada en adega, tamén o feito de que a meteoroloxía acompañou para que se puidese recoller no momento idóneo de maduración, así como de forma ordenada e con tranquilidade”.

A vendima na D.O. Rías Baixas comezou o pasado 27 de agosto e finalizou o 2 de outubro: “os traballos de recollida iniciáronse un pouco antes do habitual na nosa denominación e desenvolvéronse practicamente durante o mes de setembro” explica Agustín Lago. As expectativas para os viños son boas, “Os mostos destacan pola súa intensidade aromática e equilibrio, ou sexa, a súa compensada acidez coa gradación,” engade o director técnico do Consello Regulador.

Desagregación por variedades

A vendima comezou coa recollida das variedades destinadas á elaboración dos viños espumosos de calidade, logo seguíronlle as uvas brancas, especialmente a Albariño, cuxo ciclo vexetativo é máis curto e a súa maduración máis temperá. Finalmente deuse paso ás tintas e vendimas tardías.

Na D.O. Rías Baixas, as variedades brancas representan o 99,08% da uva recollida, abanderadas pola Albariño que superou os 33 millóns de quilos, e seguida pola Caiño Blanco, a Loureira e a Treixadura. As variedades tintas representan o 0,92% do total, coa variedade Sousón como principal e, seguida pola Mencía e o Caiño Tinto.

En canto á produción por subzonas, dicir que o Val do Salnés continúa sendo a de maior produción cunha representación do 64%, seguida polo Condado do Tea cun 21% e O Rosal co 9,3%. Na presente campaña de vendima participaron 159 adegas elaboradoras. Un total de 4.687 viticultores recolleron uva nas 4.090 hectáreas de superficie produtiva rexistradas na Denominación de Orixe Rías Baixas.

Protocolo COVID-19

Os estritos protocolos de prevención adoptados para protexerse contra a COVID-19 deseñados polo sector e o Consello Regulador han contribuído a preservar a saúde tanto de vendimiadores e viticultores como dos traballadores de adega, os 24 veedores/auditores e o persoal técnico implicados na presente campaña. As directrices establecían unha serie de medidas para garantir a seguridade no labor de auditoría desenvolvida durante o proceso de recollida da uva, todo iso coa intención de previr os contagios.

Ademais das normas xerais -uso obrigatorio de máscara, hixiene de mans e distancia de seguridade interpersoal-, establecéronse unha serie de especificidades relativas ás auditorías para realizar nas adegas e viñedos rexistrados.

É importante lembrar ademais, que antes de empezar a campaña, o Sergas realizou probas serológicas aos traballadores para poder afrontar as tarefas con garantías.

 

VOLUMEN DE UVA VENDIMIADA/VINIFICADA POR SUBZONA (DATOS EN Kg)

Datos en Kg Uva vendimiada Uva importada de outras subzonas Uva exportada a outras subzonas Uva vinificada en cada subzona
         
Condado do Tea 7.454.666 580.438 903.880 7.131.224
O Rosal 3.265.875 1.005.725 166.476 4.105.124
Ribeira do Ulla 1.490.434 30.979 1.148.881 372.532
Soutomaior 58.240 0 0 58.240
Val do Salnés 22.200.951 1.681.333 1.079.238 22.803.046
         
Total 34.470.166.- 3.298.475.- 3.298.475.- 34.470.166.-