3 de agosto 2021. O Salón Bazán do Parador de Cambados acoleu esta mañá a entrega de premios da XXXIII Cata Concurso Rías Baixas Albariño da Colleita 2020. Ao acto asistiron representantes das tres adegas premiadas: de Adega San Salvador de Soutomaior, cuxa marca Noelia Bebelia recibiu a Medalla de Ouro; de Agro de Bazán, que con Granbazán Verde, obtivo a Medalla de Prata e de Bouza do Rey que, cun viño co mesmo nome, se alzou coa Medalla de Bronce.
Unha actividade que tamén contou coa participación do presidente do CRDO Rías Baixas, Juan Gil de Araujo; o conselleiro do Medio Rural, José González; a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; as deputadas provinciais de Turismo e Xuventude e Centros Educativos, Ana Laura Iglesias e Noemí Otero. Entre outras autoridades asistiron o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López; o secretario do Capítulo Serenísimo di Albariño, Pedro Piñeiro; a notaria de Cambados, Mª Elena Loira, e o secretario do Consello Regulador, Ramón Huidobro, quen exerceu como mestre de cerimonias no acto de entrega dos galardóns.
Juan Gil de Araujo falou sobre a importancia das festas do viño para a D.O. Rías Baixas: “son ferramentas fundamentais na nosa estratexia de promoción, á cabeza está a festa do Albariño de Cambados”. En referencia á promoción dixo: “é unha das pezas sobre as que se asenta o éxito destes viños”. Gil de Araujo felicitou ás adegas galardoadas e afirmou que as “46 restantes tamén son merecedoras destes premios, porque todas as empresas da D.O. se aplicaron nos últimos anos para conseguir a máxima calidade. Os numerosos premios en certames nacionais e internacionais así o demostran”. O presidente do Consello Regulador falou sobre os retos do futuro, entre os que se atopan: “aumentar a superficie de viñedo, que vaia destinado a pequenos viticultores para que poidan obter rendabilidade; seguir traballando para posicionar os viños de Rías Baixas nos lineais e continuar a senda que marca a UE en materia de sostenibilidade: económica, medioambiental…”
Pola súa banda, a deputada provincial de Turismo e Xuventude, Ana Laura Iglesias, puxo en valor esta fiesta que “logra impulsar o enoturismo e o máis ilusionante, despois destes dous anos, como conseguíchedes manter vivo o seu espíritu”.
Seguindo coa vertente turística, a directora de Turismo de Galicia agradeceu o traballo do sector: “porque axuda a posicionarnos dentro e fóra de Galicia”, afirmó Nava Castro para quien “é fundamental posicionar a Galicia como produto enoturistico”.
A alcaldesa de Cambados recordou que a Cata Concurso Rías Baixas Albariño “é o acto central de festa, eo eixo sobre o que xira”. Fátima Abal puso el énfasis en la palabra “albariño” que “en Cambados dálle nome a moitos eventos, isto é porque o sector vitivinícola ten un enorme peso nada comarca”.
Finalmente, o conselleiro do Medio Rural recoñeceu “o labor que o Consello Regulador leva feito por poñer a marca Albariño no mundo”. Precisamente, falando do valor das marcas: “se algo puso en valor ás marcas foi esta pandemia”, asegurou José González, quen ademais matizou “a D.O. que vende ao precio medio máis alto de España”. Neste sentido, o conselleiro do Medio Rural enfatizou: “Rías Baixas é un exemplo de éxito pero agora hay que tomar decisións con prudencia”.
49 mostras
O secretario xeral da D.O. Rías Baixas, Ramón Huidobro, recordou que a trixésimo terceira edición desta Cata Concurso contou coa participación de 49 mostras da Colleita 2020. O xurado que as evaluou estivo composto por un total de 22 expertos, 12 do panel de cata interno do Consello Regulador e un panel de cata externo escollido para a ocasión e integrado por 10 profesionais.