Volver

18 de Xuño

“Ao fin xuntos”: A DO Rías Baixas e a DOP Los Pedroches, protagonistas dunha campaña que marida excelencia e orixe

As Denominacións de Orixe (DO) Rías Baixas e Los Pedroches únense por primeira vez nunha campaña de promoción europea baixo o concepto “Ao fin xuntos”, unha iniciativa de tres anos de duración que ten como obxectivo posicionar o viño branco DO Rías Baixas e o xamón de landra 100% ibérico DOP Los Pedroches como unha experiencia gastronómica premium, poñendo en valor a harmonía e complementariedade entre ambos destacada pola súa calidade, orixe, sustentabilidade e tradición.

 

Unha historia que tiña que contarse
Hai relacións descoñecidas que cando saen á luz acaparan toda a atención dos focos, especialmente cando esa relación é de dous personaxes famosos. A campaña fai unha analoxía dese concepto co viño de DO Rías Baixas e co xamón de DOP Los Pedroches como se dun novo affaire se tratara, creando unha mensaxe que emprega o enorme magnetismo do exclusivo.

O concepto estratéxico desta idea preséntase como unha metáfora de valores compartidos: a sustentabilidade, a autenticidade e a herdanza cultural que as unen, xunto cunha mensaxe clave: “Ao fin xuntos”, unha narrativa que presenta a unión de ambos produtos como unha historia de amor inesperada pero inevitable.

A campaña busca transformar o consumo nunha experiencia consciente e emocional unindo dous produtos extraordinarios que dan lugar a unha combinación que ninguén podía imaxinarse pero que era inevitable.

 

Evento de presentación de campaña, Hollywood no corazón de Madrid

O pistoletazo de saída deuse no evento de presentación en Castellana 6, unha antiga igrexa reconvertida en espazo cultural, que por un día se transformou no escenario ideal desta gran historia de amor. Un photocall, unha parella de actores, paparazzis e un cóctel maridado co Albariño de DO Rías Baixas e o xamón de landra 100% ibérico DOP Los Pedroches puxeron en escea a narrativa “Ao fin xuntos”, captando todas as miradas do público e a prensa. No evento descubriuse o spot de campaña, unha auténtica recreación deste desexado affaire, confirmando así a parella do ano.

Isidoro Serantes, presidente do Consello Regulador da DO Rías Baixas, sinalou: “Esta campaña permítenos amosar ao consumidor que detrás dunha copa de Albariño Rías Baixas hai moito máis que viño: hai territorio, tradición e unha forma de facer as cousas con excelencia. E facelo da man de Los Pedroches é unha oportunidade única para medrar xuntos”.

Pola súa parte, Juan Luis Ortiz, secretario xeral da DOP Los Pedroches, destacou: “Ao fin xuntos” simboliza a harmonía de dous produtos únicos que representan o mellor da nosa terra. Esta alianza axúdanos a contar quenes somos, con autenticidade, con sabor… e con orgullo de orixe”.

 

Experiencias gastronómicas exclusivas e estratexia multicanal
“Ao fin xuntos” contará cunha potente estratexia multicanal (TV, dixital, exterior e cinema) con máis de 415 millóns de impactos previstos, pero a súa esencia construirase a través de experiencias exclusivas para medios e consumidores.

As accións plantexadas para os próximos tres anos buscan posicionar a DO Rías Baixas e a DOP Los Pedroches como unha parella perfecta no mundo gastronómico a través de experiencias orixinais, divertidas e impactantes para medios e consumidores. Algunhas das experiencias que poderemos disfrutar durante estes tres anos de campaña grazas á financiación da Unión Europea son: rutas gastronómicas a nivel nacional e a presenza nos lugares máis top de Madrid en forma de cata e degustación.