Os Rías Baixas Espumoso de Calidade mostran o seu mellor cara en Nadal. Trátase dun produto totalmente consolidado que este ano alcanzou unha produción de 136.666 botellas. Na actualidade son 19 adegas, con 32 marcas, as que elaboran este tipo de viño, que se comezou a producir na Denominación de Orixe Rías Baixas en 2012.
Con 102.500 litros cualificados de Espumoso de Calidade, na súa maioría branco, esta denominación aposta por un produto que cada vez é máis coñecido e apreciado polo consumidor. De feito, foi no ano 2009 cando o regulamento do Consello Regulador acolleu este produto, #de acordo con a normativa europea, que distingue entre Espumoso e Espumoso de Calidade. Como engade o director técnico, Agustín Lago, “aínda que é unha elaboración que cada vez é máis coñecida e consómese todo o ano, hai que ter en conta que a finais de novembro e decembro é cando máis se intensifica a súa cualificación”.
Método champenoise
A normativa aplicada aos Rías Baixas Espumoso de Calidade admite variedades, tanto brancas como tintas, desta denominación e distingue diversos tipos segundo o nivel de azucre. Estes son: Brut Nature (sen azucre engadido), Extra Brut, Extra Seco, Seco, Semiseco e Doce (que leva maior cantidade de azucre).
Todos as Rías Baixas Espumoso de Calidade seguen o método tradicional do champenoise para a súa elaboración.