Volver

02 de Decembro

AS EXPORTACIÓNS DAS ADEGAS DA D. O. RÍAS BAIXAS SEGUEN O SEU ASCENSO E SUPERAN OS 62 MILLÓNS DE EUROS NA CAMPAÑA 2023/2024

América vs. Europa, os primeiros lideran as compras destes viños atlánticos

 

Máis valor”. Esta é a principal conclusión que se pode extraer da análise das cifras de exportación das adegas acollidas á Denominación de Orixe Rías Baixas durante a campaña 2023/2024 (do 31 de agosto de 2023 ao 1 de setembro de 2024). Que cada vez págase máis polos viños de Rías Baixas no mercado internacional é unha realidade. Un feito corroborado por unha campaña onde as vendas en valor creceron un 4,36%, ata alcanzar os 62.270.844 euros, mentres se reduce lixeiramente o número de litros vendido, un 3,79%, chegando aos 7.843.235 litros, que equivalen a 10.457.646 botellas, exportados a máis de 80 países. As exportacións representan o 30% do total das vendas na Denominación de Orixe Rías Baixas.

 

O valor das cifras

Neste contexto internacional, onde o consumidor está disposto a pagar un pouco mais por desfrutar da calidade destes viños atlánticos, o precio medio de saída de bodegas dos viños Rías Baixas sitúase nos 7,94 euros por litro, o que supón un crecemento do 8,46% con respecto á campaña anterior, na que xa se pagou o litro a 7,32€. “Isto confirma o que nos adiantou o estudo realizado dentro do marco de análise do noso Plan Director 2030, que indicaba que o consumidor, especialmente o internacional, percibe os Rías Baixas como uns viños de alta calidade polos que está disposto a pagar un pouco máis”, explica o presidente do Consello Regulador Rías Baixas, Isidoro Serantes.

 

(Distribución das importacións por áreas xeográficas)

 

A maior parte dos 10.457.646 botellas vendidas repártense no seguinte top ten, e por esta orde: Estados Unidos, Reino Unido, Irlanda, Porto Rico, México, Suecia, República Dominicana, Países Baixos (Holanda), Alemaña e Canadá. A área xeográfica con máis peso na importación de viños de Rías Baixas é América, con 56,18% do volume total e unha porcentaxe de crecemento do 10,59% nesta última campaña. Séguelle a Unión Europea, co 35,11% das vendas. Dúas áreas que concentran o 91,30 % do total do volume das vendas das adegas acollidas na DO Rías Baixas.

 

(top 10 países importadores)

 

Promoción e mercados

Na campaña 23/24 exportaron un total de 115 adegas da denominación. Destas, 88 xa venden en Estados Unidos, e 77 en Reino Unido. Cabe mencionar as 58 que están presentes no mercado irlandés e as 35 no portorriqueño.

O Consello Regulador, dentro do seu labor de apoio á venda internacional, inviste 1,1 millóns de euros para fomentar a presenza nos mercados de exportación, desenvolvendo diferentes plans promocionais en: Estados Unidos, Reino Unido, Irlanda, Porto Rico, México, República Dominicana, Holanda, Alemaña, Canadá, Bélxica, Colombia, Xapón, Coreo do Sur, China e Suíza.

 

EXPORTACIÓNS CAMPAÑA 2023/2024 POR DESTINOS

  PAÍS VOLUMEN
1 Estados Unidos 2.854.567 l.
2 Reino Unido 1.101.942 l.
3 Irlanda 530.967 l.
4 Puerto Rico 526.737 l.
5 México 277.818 l.
6 Suecia 274.307 l.
7 República Dominicana 245.719 l.
8 Holanda 218.358 l.
9 Alemania 173.013 l.
10 Canadá 167.301 l.
  Resto de países 1.472.506 l.
  TOTAL 7.843.235 l.