Volver

18 de Setembro

CINCO IMPORTANTES PRESCRIPTORES DE ESTADOS UNIDOS VISITAN ESTES DÍAS DE VENDIMA A DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS

Cinco prescriptores americanos participan esta semana nunha misión inversa na Denominación de Orixe Rías Baixas. Iniciaron esta mañá a súa andadura pola denominación cunha charla e cata de viños na sede do Consello Regulador, onde probaron diferentes elaboracións de adegas da denominación que participan na campaña promocional de Estados Unidos que desenvolve este Consello Regulador.

A visita prolongarase ata o mércores polas subzonas do Salnés, O Rosal e Condado do Tea. Durante estes días terán oportunidade de vivir a vendima en Rías Baixas de primeira man visitando adegas da Denominación para así poder facerse unha idea do funcionamento e a estrutura produtiva de Rías Baixas, cuxa variedade albariño ten tanto éxito no mercado estadounidense.

Este grupo de cinco profesionais representa a diferentes mercados de Estados Unidos (Los Ángeles, California; St. Louis, Missouri; Mineapolis, St Paul; Texas y Oklahoma; así como Filadelfia, Pensilvania).

O mercado de Estados Unidos é o máis importante para a Denominación de Orixe Rías Baixas. Alí exportou en 2022 un total de 2.676.332 litros por 18.249.817 €. Unhas cifras que se incrementaron con respecto a 2021 nun 0,32% en volume e nun 10,25% en valor.

Prescriptores

  • Alisha Blackwell-Calvert reside en St. Louis, Missouri, e é sumiller de Cinder House no Hotel Four Seasons. Wine  Enthusiast “Sumiller del Año 2021”, nominada ao Wine Star Award dos 40 under 40 Tastemaker.
  • Amie Ledlow Hendrickson, sumiller,  directora de Operacións de TexSon. Unha das maiores expertas en viño de Oklahoma. Foi voluntaria activa e entusiasta da conferencia TEXSOM e colaboradora do Retiro de Sumilleres nos Premios Internacionais do Viño TEXSOM. Ademais dirixe programas educativos para o Foro do Viño de Oklahoma, un evento educativo bienal para entusiastas que recauda bolsas para o programa de hostalería da Universidade Estatal de Oklahoma.
  • Jeffrey Hyman, manager do Departamento de Bebidas para Barcelona Wine Bar, colaborando estreitamente co director de bebidas para confeccionar as listas de bebidas e formar a todos os responsables de bebidas dos numerosos restaurantes da empresa en máis de 21 localizacións.  O mercado no que traballa é Filadelfia, Pensilvania. 
  • Peter Plaehn é director de viños e comprador para a cadea Surdyk’s. Primer sumiller en Minnesota en obter o certificado avanzado da Court of Master Sommeliers, ademais actualmente é candidato a Master Sommelier. Ten máis de 20 anos de experiencia en operacións de restauración, formación e desenvolvemento corporativo, educación e distribución maiorista.
  • Mónica Marín, actualmente directora de Educación de The Wine House dos Ánxeles, California. Este establecemento foi considerado unha das mellores tendas de viño do mundo pola revista Food&Wine. Ademais, este ano foi recoñecida polo WSET cunha nominación ao premio Educador do Ano, sendo a única muller hispanohablante nominada entre 10 candidatos de todo o mundo. Mónica tamén é instructora principal da Wine and Spirits Education Trust (WSET), onde imparte clases nos niveis básico, intermedio, avanzado e de diplomatura en EE.UU. e Latinoamérica.