O Consello Regulador Rías Baixas estima que se poderían recoller máis de 43 millóns de Quilos de uva durante a vendima 2021


 

6 de agosto de 2021.- O Órgano de Control e Certificación da Denominación de Orixe Rías Baixas presentou o pasado 23 de xullo ao Pleno do Consello Regulador o Informe de Estimación de Colleita 2021. Dito documento calcula para este ano unha recollida de “43,7 millóns de kg. de uvas, un 27% máis que na colleita de 2020, e cuns posibles rendementos medios de 10.455 kg. por ha”.  Unhas cifras que se traducirían en 29,7 millóns de litros.

Para a elaboración deste documento, o Departamento Técnico do Consello Regulador baseouse na información proporcionada por técnicos de campo das adegas da Denominación de Orixe, que supervisan o 47% da superficie produtiva. Dita información solicitouse mediante unha enquisa moi detallada realizada durante a primeira quincena do mes de xullo, unha vez superado o momento máis crítico do ciclo vitícola. Eses datos foron posteriormente ponderados estatisticamente co fin de unificar criterios.

En canto á data de inicio da vendima, o mencionado informe prevé que será a mediados do mes de setembro. Iso si, sempre en función de como evolucione meteorológicamente o mes de agosto e os primeiros días de setembro. En calquera caso, o momento óptimo virá dado polo resultado dos controis de maduración que cada unha das adegas rexistradas realicen nos seus viñedos.

O documento presentado xustifica este aumento de produción  debido a unha taxa de brotación elevada e homoxénea, cunha fertilidade media-alta,  unha media en valores do 91,3 %. Así mesmo sinala que as diminucións deste ano foron pouco significativas, con valores medios do 10%,  que se atribúen nun 5% ao corremento de flor, un 2,8% á meteoroloxía (xeadas) e un 2,4% a pragas.

En termos xerais, o ciclo da colleita 2021 en Rías Baixas, tendo en conta  o momento no que se realizou este informe, presentábase con “un atraso dunha semana e media con respecto a 2020, aínda que o ciclo vitícola iniciouse cuns 10-15 días de adianto as condicións meteorolóxicas adversas do último período o retardaron”. Unha situación á que se chega tras “un inverno normal e moi húmido; unha primavera algo cálida e seca, así como un mes de xuño cunha primeira quincena cálida e unha última borrascosa e fría, de feito, foi un mes con precipitacións por encima do normal”.

Radiografía

 Do 1 de xaneiro a  o 31 de xullo de 2021, o Consello Regulador había verificado un total de 19.298.581 litros, o que supón un incremento do 21,9 % con respecto a 2020.  Segundo as estimacións que baralla o Órgano de Control e Certificación, as existencias de viño nas adegas da denominación previas a vendima roldarán os 4 millóns de litros. Estas cifras mostran a boa campaña de vendas que están a ter os viños de Rías Baixas no mercado nacional e internacional.

Na actualidade, este Consello Regulador conta con 175 adegas rexistradas. A superficie desta Denominación de Orixe abarca 4.187 hectáreas, aumentando en 93 ha, repartidas entre 22.501 parcelas nas que traballan 5.083 viticultores.