Volver

05 de Febreiro

O Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas reúnese co conselleiro do Medio Rural

5 de febreiro de 2019.- O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas celebrou esta mañá unha sesión plenaria no Pazo de Mugartegui (Pontevedra) na que contou coa asistencia do conselleiro do Medio Rural, José González, e do director da Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez. Un encontro no que trataron asuntos de interese para o Consello Regulador.

José González aproveitou para lembrar as liñas básicas do plan estratéxico de dinamización territorial das denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia, que a Xunta porá en marcha a través das Consellerías do Medio Rural e de Cultura e Turismo. Pola súa banda, os vogais do pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas aproveitaron a presenza do conselleiro para trasladarlle as súas consultas sobre o presente e o futuro do sector vitivinícola.