Volver

19 de Maio

Os viños de Rías Baixas suman 49 medallas no International Wine Challenge e en VinEspaña

Os viños de Rías Baixas continúan coa súa actividade cotiá entre a que se atopa a participación en prestixiosos concursos de viño nacionais e internacionais. Recentemente, celebráronse o International Wine Challenge, en Reino Unido, e VinEspaña, en Almendralejo. Un total de 49 medallas recoñeceron a calidade das elaboracións de Rías Baixas, ás que se suman tamén catro recomendacións e un trofeo.

O International Wine Challenge celebrou en abril o seu trixésimo oitava edición en Reino Unido. Os viños de Rías Baixas foron galardoados con 38 medallas, repartidas en 4 ouros, 14 pratas, 20 bronces, así como 4 recomendacións e 1 trofeo. O panel de cata estivo representado por xornalistas especializados, enólogoes/enólogos, compradores internacionais, investigadores e representantes de institucións. Precisamente, Reino Unido é o segundo mercado en exportación destes viños atlánticos.

 

Os Premios VinEspaña, que suman xa tres edicións, están organizados pola Federación Española de Enoloxía, quen outorgou 11 premios aos viños de Rías Baixas: 3 gran ouro (2 na categoría de viños brancos e unha na de tintos), 6 ouros (5 en viños brancos e 1 en viños tintos) e 2 pratas (ambas as en categoría de viños brancos). O desenvolvemento deste certame tivo lugar a finais de abril en Almendralejo.

A finais de maio terá lugar a celebración da XIX certame internacional dos Premios Bacchus 2021.