Concretamente 127.300 km. para amosar este viño atlántico por todo o mundo. Once viaxes internacionais a destinos como Xapón, Corea do Sur, Colombia, Estados Unidos, México, República Dominicana, Alemaña, Francia, Irlanda e Reino Unido. Seis nacionais a cidades como Madrid, Málaga ou Valencia.
Para apoiar ás 115 adegas exportadoras desta Denominación de Orixe, personal do Consello Regulador fixo as maletas ata 19 veces coa intención de dar a coñecer as calidades dos viños de Rías Baixas. Fíxoo no marco de feiras como Prowein ou Vinexpo e a través de actividades propias organizadas ad hoc como salóns de viños, roadshows, promocións no punto de venda, formacións, patrocinios… para ampliar os horizontes do príncipe dourado dos viños como é o Albariño Rías Baixas.
Un esforzo no que o Consello Regulador non so investiu imaxinación e tempo senón que tamén cartos, concretamente 1,1 millóns de euros, para fomentar a proxección dos viños de Rías Baixas nos mercados internacionais.
Cantos quilómetros lle agardan en 2025?
Precisamente, hoxe na sede do Consello reuníronse as adegas desta reunión durante unha sesión de traballo para planificar o calendario internacional do próximo ano.
Así, para poñerlos en situación, o secretario do Consello, Ramón Huidobro, realizou un repaso somero polas cifras de exportación da campaña 23/24, centrando a súa atención nos principais destinos. Seguidamente, a directora do departamento de Marketing, Eva Mínguez, fixo un repaso pormenorizado polo actual plan promocional, atendendo a mercados primordiais como Estados Unidos, Reino Unido, Irlanda, Porto Rico, México, República Dominicana, Holanda, Alemaña, Canadá, Bélxica, Colombia e Suiza, tamén a outros de futuro como Xapón, China e Corea do Sur.
Xa para rematar, a responsable da empresa de comunicación de Estados Unidos e Canadá, Natasja Mallory, de GREGORY + VINE, destacou a estabilidade económica que viven ambos os dous países, o que axudou á boa evolución das cifras dos viños de Rías Baixas en ambos os dous mercados. Destacando que “en Estados Unidos segue prevalecendo o viño branco”, como explicou Natasja Mallory. Isto supón unha fortaleza para a denominación de orixe galega.
A folla de ruta para 2025 queda clara polos bos resultados colleitados na maioría de mercados. Por iso seguirase apostando a través de plans promocionais e con actividades puntuais en mercados de interese para esta Denominación de Orixe.