26 de xuño de 2024.- O Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas calificou a Colleita 2023 como “Moi Boa”. Así o anunciou o seu presidente, Isidoro Serantes Serantes, durante o tradicional encontro anual cos medios de comunicación de Madrid.
“A decisión foi tomada polo Pleno do Consello Regulador onte martes, 25 de xuño, de acordo coa rigorosa política de calidade que levamos anos mantendo en Rías Baixas. Este alto nivel de esixencia tivo en conta as valoracións do Panel de expertos do Consello Regulador, así como os resultados das determinacións físico-químicas e as puntuacións das análises organolépticas das mostras que se verifican para a súa comercialización, todo iso recollido nun rigoroso informe redactado polo Órgano de Control e Certificación”, destacou Ramón Huidobro, secretario xeral do Consello Regulador.
O viño verificado da Colleita 2023 nesta Denominación de Orixe ata 31 de maio deste ano suma un total de 15.681.156 litros, o que representa o 51,20% do total do viño elaborado da colleita. Ademais, o informe técnico inclúe, entre outros, os datos relativos ao ciclo vexetativo do 2023, así como os resultados comparados da análise sensorial e fisicoquímica, en concreto de 665 mostras pertencentes a 136 adegas. Trátase dun proceso de certificación moi rigoroso, ao que se engade un sistema de calificación tamén moi esixente cun panel de cata de 30 profesionais. Cada unha das mostras é avaliada por uns 7 catadores por sesión. Esta acción garante a calidade e a orixe dos viños de Rías Baixas.
O panel de expertos do Consello Regulador enumera diferentes cualidades nos vinos de Rías Baixas de 2023:
Como xa é cotiá nos viños de Rías Baixas, a Colleita 2023 amosará as súas grandes posibilidades de garda de cara á elaboración de viños con crianza para o segmento premium.
O informe explica que o ciclo vexetativo caracterizouse por un inverno cálido e húmido. En marzo iniciouse a brotación, que acadou unha boa taxa e un elevado índice de fertilidade. A primavera, cálida e seca, permitiu un bo crecemento dos acios. o verán transcorreu caluroso e húmido, con momentos críticos, o que supuxo una merma do 11%.
O ciclo vexetativo, algo adiantado, motivou que a vendima se iniciase a principios de setembro. A uva entrou nas adegas nun perfecto estado sanitario e cun bon nivel de calidade. En total recolléronse 44.3 millóns de quilos de uva nunha vendima que se pode cualificar como “tranquila”.
Por outra parte, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas organiza mañá xoves 27 de xuño unha Cata-Degustación da Colleita 2023, que terá lugar no Hotel SH Valencia Palace. No devandito evento participarán 67 marcas de viño pertencentes a 44 adegas.