Volver

11 de Novembro

O II SALÓN RÍAS BAIXAS DE COLECCIÓN FIXO UN REPASO POR VIÑOS CON CRIANZA DESDE A COLLEITA 2010 ATA A 2022

Reunir 139 marcas singulares, Premium e de producción limitada non é tarefa doada. Pero así o fixo hoxe a Denominación de Orixe Rías Baixas no seu segundo Salón Rías Baixas de Viños de Colección. Unha oportunidade única en Madrid na que o numeroso público asistente puido catar, probar e comparar diferentes tipoloxías de viño con crianza desta denominación. Completas tamén estiveron as catro masterclass impartidas por profesionais do viño. Nelas déronse cita un cento de personas, 25 por sesión.

“É unha oportunidade única”, así o manifestaron moitos dos máis de medio milleiro de profesionais do sector que se deron cita nsta xornada dos viños de Rías Baixas. A rebosar estiveron o túnel do viño, con 69 marcas de 39 adegas, e o showroom, con 70 viños de 25 adegas que non pararon de atender os numerosos winelovers que se pasaron polo hotel madrileño Hyatt Thompson. O obxectivo, máis que conseguido, deste segundo Salón Rías Baixas de Colección era poñer en valor a calidade e o potencial de envellecemento destes viños atlánticos. E así o fixeron con colleitas lonxevas desde 2010, 2012 ata chegar á de 2022. Uns viños que no seu momento foron cualificados como Bos, na súa maioría Moi Bos e incluso algún como Excelente.

Por isoo, ningún amante do bo viño quxio perder a segunda edición deste salón, que novamente contou coa colaboración da Unión Española de Catadores (UEC). E así se puido palpar tamén nas catro masterclass que con facilidade encheron o seu cento de prazas, repartidas en catro sesións de 25 persoas, e onde se cataron un total de 63 viños de Rías Baixas.

Co tempo de crianza do viño como fío condutor, a primeira masterclass estivo dirixida por Agustín Trapero, sumiller e asesor de restaurantes e hoteis. Dedicada á “Xuventude e complexidade I” serviu para analizar e desfrutar de 15 tipoloxías diferentes de viños. Recolleu o testemuño, con “Xuventude e complexidade II”, David Robledo, profesor do Curso de Sumilleres da Cámara de Comercio,  quen xa ampliou a mostra a 17 marcas.

Pola tarde foi a quenda de Dani Póveda, director de Lavinia na Finca de Madrid,  que avaliou 15 viños baixo a perspectiva da “Madurez e evolución”.  O punto e final desta sesión de masterclass veu da man de Antonio Candelas, director da revista Mi Vino, quen con “Lonxevidade sen límites” puxo un estupendo broche final para unha xornada protagonizada por un dos mellores viños brancos do mundo.