Volver

05 de Agosto

O TÚNEL DO VIÑO SEGUE MEDRANDO EN PARTICIPACIÓN DURANTE A FESTA DO ALBARIÑO RÍAS BAIXAS

5 de agosto de 2024.- A decimoterceira edición do Túnel do Viño, organizada polo Consello Regulador, posiciónase como un dos platos fortes da LXXII Festa do Albariño Rías Baixas en Cambados cunha participación de 1.150 persoas, que non se quixeron perder esta cita cos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. Entre o xoves 1 e o sábado 3 de agosto profesionais e consumidores se deron cita no Salón de Congresos e Exposicións José Peña, onde puideron degustar algunhas das 180 marcas das 71 adegas expostas.

A directora do Departamento de Marketing, Eva Mínguez, amosou a súa satisfacción pola respuesta positiva do público a esta actividade, que se converteu nunha das que maior peso están collendo dentro da Festa do Albariño Rías Baixas: “estamos encantados de ver como cada vez máis persoas se achegan polo Túnel do Viño, que este ano incluso colgou o cartel de cheo nalgunha das sesións, cuxo aforo máximo era de 150 persoas. Unha iniciativa que triunfa entre o público novo e que abre unha forma diferente de desfrutar o viño de Rías Baixas”. Os participantes puxeron en valor a posibilidade de catar unha ampla variedade de referencias de colleitas anteriores á 2023, así como de elaboracións especiais. Precisamente, das 10 mesas do túnel, 4 delas estaban adicadas íntegramente a este tipo de viños de Rías Baixas.

O XIII Túnel do Viño de Cambados estivo aberto o xoves 1 e o venres 2 de agosto, en horario de 11:00 a 22:30 horas, e o sábado 3 de agosto, de 11:00 a 14:30 horas. A gran demanda rexistrada en pasadas edicións levou ao Consello Regulador a incrementar o número de sesións a cinco por día (de 11:00 a 12:30 h, de 13:00 a 14:30 h, de 17:00 a 18:30 h, de 19:00 a 20:30 h e de 21:00 a 22:30 horas), ás que se sumaron as dúas sesións do sábado (de 11:00 a 12:30 h e de 13:00 a 14:30 horas).

Po outra parte, o Paseo da Calzada cos seus 42 casetas, que acolleron 44 adegas, segue a ser a actividade central desta festa, durante a que se venderon 40.000 cataviños. Estas copas, por primeira vez, levaban o logotipo de Cidade Española do Viño, ademais do da Denominación de Orixe Rías Baixas.

XXXVI Cata Concurso Rías Baixas Albariño

Outro dos momentos máis destacados da fin de semana foi a XXXVI Cata Concurso Rías Baixas Albariño durante a que se elixiu o mellor albariño Rías Baixas da Colleita 2023. A Medalla de Ouro recaeu en Vionta (de Adegas Vionta, S.L), mentras que a de Prata foi para Noelia Bebelia (de Adega San Salvador de Soutomaior, S.L) e a de Bronce para Xión (de Attis Adegas e Viñedos, S.L).

Nesta trigésimo sexta edición da Cata Concurso participaron un total de 61 marcas de Albariño Rías Baixas da coleita 2023. Estas foron analizadas por 24 expertos catadores.

Novamente, todos os catadores destacaron “a boa organización e o desenvolvemento da Cata Concurso”. Para Luis Vida, xornalista freelance e colaborador habitual da revista Sobremesa, un profesional especializado na cultura do viño como formador, escritor, xornalista e comunicador “cada catador busca o seu, eu persoalmente busco sal, tensión, expresión da zona”,  e “catamos algunhas cousas belas”. Este profesional destaca: “o minimalismo dos albariños Rías Baixas que son viños que canto máis puros, mái sinxelos, mellor. Iso o consumidor esta a entendelo e ve o Albariño Rías Baixas como un viño directo”.