Volver

07 de Novembro

A D.O. RÍAS BAIXAS CELEBRA O II SALÓN DE VIÑOS DE COLECCIÓN PARA AMOSAR O SEU POTENCIAL CON 139 MARCAS E COLLEITAS QUE VAN DESDE O 2010 ATA O 2022

O segundo Salón Rías Baixas de Viños de Colección xa ten data. Será este luns 11 de novembro no madrileño hotel Hyatt Thompson e reunirá a máis de 400 profesionais do sector nunha intensa xornada cun único protagonista: os viños de Rías Baixas de colleitas comprendidas entre o 2010 e o 2022, onde a crianza xoga un papel fundamental.

Será unha sesión única para catar, probar e comparar ata 139 marcas dos mellores viños brancos do noso país, algúns deles procedentes de edicións Premium e de producción limitada. Deste modo, a Denominación de Orixe Rías Baixas quere poñer en valor a calidade e a diversidade dos seus viños atlánticos.

Este evento desenvolverase en dous formatos: un túnel con 69 marcas de 39 adegas e un showroom con 70 viños pertencentes a 24 adegas de Rías Baixas, que explicarán en primeira persoa o trabalo que levan a cabo nesta denominación. Ademais, o salón contará con catro masterclass impartidas por profesionais do viño, en sesións de mañá e tarde.

Un percorrido desde 2010

O II Salón Viños de Colección Rías Baixas atesourará 139 marcas de 63 adegas. Será un paseo pola traxectoria e o presente da Denominación de Orixe Rías Baixas a través de marcas tops cunha historia que contar con colleitas lonxevas que van desde o 2010 ata 2022. Unha oportunidade excepcional de probar as marcas tops do mellor viño branco de España a través de viños de crianza que sorprenderán ao participante. Celebrarase no Hotel Hyatt Thompson en horario de maña (10:30-14:30 h) e de tarde (17:00-21:00 h). Todos estes viños están ao alcance do consumidor e pódense adquirir en diferentes establecementos.

4 Masterclass para 100 interesados

Este segundo salón, no que novamente colabora a Unión Española de Catadores (UEC), espera encher o aforo das súas catro masterclass sobre os viños de Rías Baixas. O seu atractivo está na posibilidade de catar e comentar un total de 63 viños de Rías Baixas, repartidos nas diferentes sesións que disporán dun aforo máximo de 25 persoas por cada unha, así como nos profesionais que as dirixen.

A primeira, titulada “Xuventude e complexidade I”, será impartida polo sumiller e asesor de restaurantes e hoteis Agustín Trapero, de 10 a 11:45 horas. A segunda, que se presenta como unha ampliación da primeira e leva por título “Xuventude e complexidade II”, correrá a cargo de David Robledo, profesor do Curso de Sumilleres da Cámara de Comercio, de 12:15 a 14:00 horas. Xa pola tarde a terceira masterclass será “Madurez e evolución”, da man de Dani Póveda, director de Lavinia na Finca de Madrid, de 17:00 a 18:45 horas; mentras que la última versará sobre “Lonxevidade sen límites”, con Antonio Candelas, director da revista Mi Vino, de 19:15 a 21:00 horas. O obxetivo destas catro masterclass  é amosar o potencial de crianza e a evolución das variedades brancas e tintas autóctonas desta Denominación de Orixen.

A primeira edición deste Salón tivo lugar en Madrid en decembro de 2022 yresultó todo un éxito de participación. Un evento que en su primera edición contó con un total de 99 marcas de Rías Baixas e acolleu tres masterclass.