A D.O. Rías Baixas organiza, por primera vez en A Coruña, o túnel de presentación da Colleita 2024, que acaba de ser cualificada como “Excelente”. Durante toda la xornada, un total de 70 marcas de viño da Colleita 2024, pertencentes a 50 adegas desta Denominación de Orixe, puideron degustarse no Espazo Avenida Abanca.
Hai xa nove anos, concretamente desde a colleita 2016, que os viños Rías Baixas non tiñan unha colleita “Excelente”. Por iso, esta presentación foi tamén unha gran oportunidade para que o sector profesional galego puidera probar e valorar a nova colleita, que acaba de ser presentada en Madrid á prensa especializada.
Non faltaron a esta primeira posta de longo da Colleita 2024 as adegas de Rías Baixas, das que cincuenta se desprazaron ata ol Espazo Avenida Abanca canda personal do departamento de Marketing, encabezados pola súa directora Eva Mínguez.
Sobre a nova Colleita
O Pleno do Consello Regulador, celebrado este pasado luns, tomou a decisión de cualificar a Colleita de 2024 como “Excelente” baseándose nun rigoroso informe elaborado polo Órgano de Control e Certificación. Este documento recolle que o viño verificado da Colleita 2024 nesta Denominación de Orixe ata 31 de maio de 2025 suma un total de 14.094.132 litros, o que supón o 48,6% do total do viño elaborado da colleita.
Ademais, o informe técnico inclúe os datos relativos ao ciclo vexetativo do 2024, así como os resultados comparados da análise sensorial e fisicoquímica, en concreto de 599 mostras pertencentes a 128 adegas. Trátase dun proceso de certificación moi rigoroso, ao que se engade un sistema de cualificación tamén moi esixente cun panel de cata de 30 profesionais. Cada unha das mostras é avaliada por un mínimo de 6 catadores por sesión. Esta acción garante a calidade dos viños Rías Baixas.
Desde 1987 so se cialificaron como “Excelente” sete colleitas na D.O. Rías Baixas, concretamente as de 1989, 2004, 2005, 2006, 2007, 2016 e a actual, 2024. Un dato que amosa a rigurosidade coa que o Pleno se toma a Cualificación da Colleita.