As adegas adheridas ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas amosan músculo como sector empresarial e profesional coa súa aposta decidida polo I+D+i. Precisamente, unha enquisa realizada entre as empresas amparadas pola denominación de orixe evidencia que, actualmente, un total de 24 adegas realizan traballos de investigación en diferentes campos, nos que están implicados cerca dun centenar de expertos cunha investimento próxima aos 7 millóns de euros. Esta cifra deixa patente a importancia que dá á investigación o sector vitivinícola das adegas amparadas baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas.
Estas iniciativas recaen sobre 24 adegas, das 181 asociadas, de diferentes tamaños e con proxectos de distinta envergadura e temática. Na súa maioría son investigacións relacionadas co viñedo, entre as que destacan os estudos sobre a recuperación de variedades autóctonas, propias da zona, pero tamén hai un crecente interese polos traballos de viabilidade da produción ecolóxica na denominación.
Porén, a temática preferida polas adegas ten que ver co comportamento das levaduras autóctonas.
Tamén centra a atención do sector os coidados do viñedo: a racionalización dos tratamentos da viña e a fertilización. Sen esquencer o interese polos tratamentos preventivos contra as enfermedades fúnxicas propias nesta zona, que promoveron investigacións no campo da teledeteción para a localización precoz das enfermidades, a protección das variedades fronte aos virus, a mellora do potencial vitivinícola das variedades galegas a través da optimización agronómica e do efecto do microclima na incidencia das enfermidades fúnxicas.
Tampouco podemos olvidarnos dos traballos de investigación no campo da comparativa entre os sistemas de condución da vide (emparrado vs espaldera), nin dos estudos da actividade enzimática na viña ou da zonificación.
Outras cuestións que espertan o interese en Rías Baixas son as relativas á sostenibilidade ambiental no viñedo e a economía circular, así como o manexo integrado da viña mediante a aplicación de auga ozonizada en pulverización e o desenvolvemento dun itinerario enolóxico para elaborar viños libres de dióxido de xofre.
En canto á elaboración de viños, ademais dos traballos con levaduras, imos atoparnos cunha ampla oferta de elaboracións vínicas experimentais, a vinificación con biotecnoloxía; a elaboración de espumosos con variedades autóctonas; o estudo do comportamento das lías, a mellor conservación dos viños e a xestión do osíxeno dentro da adega.
Tamén hai adegas investigando nos novidosos sistemas de etiquetado Smart Label.
Estes estudos ocupan a 97 profesionais, entre os que se atopan persoal da adega u outros contratados para o desenvolvemento destes investigacións, como poden ser licenciados superiores, doutores e enólogos. Moitos destes traballos están vencellados ás universidades galegas e a centros de investigación públicos e privados.
Para o desenvolvemento destes traballos, as 24 empresas implicadas destinan 6.907.584,97 €. Das cales 11 industrias fanno a través de fondos propios ou vantaxosos créditos e, as restantes, contan con subvencións a través de diferentes organismos europeos como plans FEDER ou do CEDETI; nacionais a través de axudas outorgadas polo Ministerio de Industria ou de Ciencia, Innovación e Universidades; autonómicos a través de subvencións da Xunta ou da EVEGA.