Volver

30 de Maio

A GUÍA PEÑÍN VOLVE A CATAR NO PAZO DE MUGARTEGUI UNHAS 250 MARCAS DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS

A sede de Mugartegui recupera a presencialidade da cata da Guía Peñín de 2022. Unhas 250 marcas da D.O. Rías Baixas examínanse en busca da mellor nota. Os responsables da devandita tarefa son Boris Olivas, responsable da Escola de Cata de Peñín, e Xiyan Zhang, responsable do mercado chinés. Ambos os dous acoden por primeira vez a esta cata en Rías Baixas. É unha práctica habitual e necesaria dentro da Guía Peñín rotar aos seus catadores porque, como explica Boris Olivas, “in situ enténdense mellor os viños e disípanse dúbidas”.

A maioría dos viños de Rías Baixas a exame son da colleita 2022, aínda que tampouco se pode obviar que hai colleitas antigas, elaboracións sobre lías, en madeira, tintos, espumosos… Que sabemos da colleita 2022: “é máis madura ca 2021, os viños están máis equilibrados, teñen un perfil máis maduro con flor branca hai, incluso, froita de oso cun pouco máis de corpo, un pouco máis de graxa, tamén máis expresión da variedade e máis grao. As puntuacións están sendo máis altas en xeral”, explica o responsable da Escola de Cata. Precisamente nesta Cata da Guía Peñín hai moito máis elaboracións da Denominación de Orixe Rías Baixas que os viños da colleita actual: “encontramos moitos  viños doutras colleitas que melloran en puntuación. É un feito demostrado que hai viños que os mandan varios anos seguidos e van subindo a súa puntuación a medida que maduran. Por iso é un feito que os viños de Rías Baixas agradecen a garda. Isto é un factor importante que deben ter en conta as adegas, o de aguantar os viños o máximo posible antes de sacalos ao mercado. Aínda que pareza normal é algo que non sucede noutras zonas de España”.

Das 250 marcas catadas as que obteñan puntuacións de 94 ou superiores pasarán á Recata. Unha cata conxunta que todo o equipo da Guía Peñín, composto por catro profesionais. Estes, conxuntamente nas instalacións desta empresa, catan todos os viños españoles coa mesma puntuación. Así, os viños de toda España que obtuviron inicialmente 94 puntos valóranse novamente e conxuntamente, e así sucesivamente. Con esta Recata pódese consolidar, mellorar ou empeorar puntuación.  “O obxectivo é axustar máis as puntuacións”, explica Boris Olivas.

Para este profesional da Guía Peñín a evolución da D.O. Rías Baixas permitiulle converterse nunha Denominación de Orixe referente a nivel nacional: “cada vez os seus viños son máis e teñen puntuacións máis altas”, engade Olivas, para que “Galicia é o futuro do viño español, sobre todo polo cambio climático, e Rías Baixas ten un estilo propio, unha complexidade cunha variedade autóctona á altura de uvas como a chardonnay, riesling… e o valor da albariño crece en todo o mundo”, admite.

Pola súa parte o director técnico do Consello, Agustín Lago, coincide na necesidade de recuperar estas catas presenciais nas diferentes denominacións de orixe: “Aprendemos moito os uns dos outros, porque estes profesionais nos trasladan unha visión máis obxectiva e global dos viños de Rías Baixas e, nós temos a oportunidade de explicarlles e poñer en valor a liña de traballo que se está desenvolvendo desde o noso Consello Regulador”.

Na actualidade, esta guía en 2022 contou cunha tirada anual duns 12.000 exemplares en España, aos que hai que sumar 5.000 da edición en inglés e 2.500 da de alemán. En canto ao número de usuarios da súa web superaron os 100.000 mentras que as visitas á súa web pasaron do millón durante o ano pasado.