Estes viños atlánticos recibiron na XXX edición do Concours Mondial de Bruxelas un total de dezaoito galardoes, repartidos en 2 gran ouros, 7 ouros e 9 pratas. Un dos viños de Rías Baixas ademais recibiu a distinción de Viño Blanco Relevación de España. As anadas elixidas polos máis de 320 catadores, que conformaron o xurado, procedentes de 50 nacionalidades e que avaliaron 7.500 viños foron na súa maioría da anada 2022, pero tamén había un viño da anada de 2018, outro de 2019, 1 de 2020 e outro de 2021. A D.Ou. Rías Baixas foi a máis premiada nos XXXVII edición dos Premios Baco 2022, que avaliaron a colleita 2022, obtiveron un total de 21 galardóns, que se distribuíron en 2 Gran Baco de Ouro, 16 Bacos de Ouro e 3 Bacos de Prata con viños .
Os XX Decanter World Wine Awards 2023 premiaron a 69 viños da D.Ou. Rías Baixas, que se dividiron nun Best in Show (o máximo galardón do certame da devandita categoría os viños españois recibiron 8), 2 ouros, 35 pratas e 31 bronces. O xurado, composto por preto de 263 expertos (incluíndo 53 Masters of Wine e 16 Master Sommeliers), cataron 18.094 viños de 57 países. Cabe destacar que a maioría dos viños eran da anada 2022 pero tamén houbo presenza doutras anadas, da 2016 ata a 2021 e que precisamente o Best in Show e un dos ouros foron para marcas da anada 2018, un aspecto para destacar porque pon en valor o traballo que se está realizando desde a D.Ou. Rías Baixas en prol da calidade dos viños de anadas anteriores.