A vendima na Denominación de Orixe Rías Baixas xa é unha realidade no seu conxunto desde a semana pasada. Máis do 95% das adegas das cinco subzonas da denominación están inmersas na campaña 2023, caracterizada pola calidade e o bo estado sanitario da uva. Os primeiros traballos iniciáronse o pasado 21 de agosto cos pes de cuba e os viños bases de espumoso. Ata a data xa se recolleron 27.370. 000 kg de uva.
O Departamento Técnico está a pleno funcionamiento para controlar a orixe e a calidade das uvas que entran nas adegas elaboradoras nesta campaña de vendima. Para iso conta con 23 veedores/auditores, que un año máis vense reforzados co apoio dos funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Plan de Control de Vendima, que desenvolve a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) como axuda ao traballo de auditoría e inspección que vén realizando este Consello Regulador. “Cabe destacar co estado sanitario é moi bo, así como a calidade da uva á súa entrada en adega”, indica Agustín Lago, quen asegura que “en referencia ás cifras de recollida do Informe de Estimación da Colleita 2023, presentado polo Órgano de Control e Certificación, de momento é un pouco pronto para confirmar se finalmente se chegará aos 46 millóns de quilos de uva”.
Como xa vén sendo habitual, as subzonas máis madrugadoras foron as situadas ao sur de Galicia, as de Condado do Tea e O Rosal. Neste momento, as adegas da denominación recollen as variedades brancas, (levan 27.350.000 kg.), para logo dar paso ás tintas, das cales ata o de agora so se recolleron 20.000 kg. O director técnico recorda que, ao repartirse a superficie de viñedo en cinco subzonas, “as condicións de maduración están sendo óptimas en función da diversidade en términos microclimáticos, o que fai co momento da vendima difira entre viñedos dependendo da proximidad á costa, a altitude, a orientación, a exposición…”
Unha das características da vendimi na D.O. Rías Baixas é que toda se fai manualmente, polo que require de numerosa man de obra en momentos puntuais. Ademais, as normas de vendima obrigan aos viticultores a depositar as uvas en caixas de plástico alimentario de menos de 30 kg para preservar a calidade das mesmas ata a súa entrada na adega.
O ciclo vitícola na campaña 2023 estivo caracterizado por un inverno cálido e moi húmido; mentras que a primavera foi seca. Precisamente, estas condicións primaverais determinaron que esteamos ante unha colleita con boa taxa de brotación, de elevada fertilidade, con grandes racimos e nun bon estado sanitario. O mes de xuño foi húmido e o verán, en xeral, seco, con poucas precipitacións. De maneira co promedio de mermas na presente campaña estivo en torno ao 11% e foron provocadas principalmente por ataques de mildiu, corremento de flor e xeadas.
A presente campaña conta con 179 adegas inscritas. A superficie desta Denominación de Orixe é de 4.492,38 ha. (23.388 parcelas), atendidas por 4.998 viticultores.