18 de setembro de 2024.- Nove prescriptores de Estados Unidos e Canadá visitan esta semana a vendima na Denominación de Orixe Rías Baixas. Cinco prescriptores estadounidenses (de California, Florida, Georgia, Illinois e Nueva York) e catro canadienses (de Ontario e Quebec) están coñecendo adegas e vendima nas diferentes subzonas de Rías Baixas, onde xa visitaron un total de once adegas de diferentes tamaños e con viñedos con distintos sistemas de conducción, como o emparrado e a espaldeira.
Así mesmo, probaron mostos e diferentes elaboracións monovarietais e plurivarietais, ademais de desfrutar da gastronomía local acompañada dos viños de Rías Baixas. Todo iso aderezado coa experiencia de participar nun obradoiro de marisqueo en Carril ou de visitar o Castro de Santa Tegra. O percorrido comezou o luns na subzona do Salnés, xornada que se completou co taller de marisqueo en Carril. Ao día seguinte puideron coñecer a subzona del Rosal, cunha visita guiada ao monte e o castro de Santa Tegra. E hoxe mércores percorrerán a subzona do Condado.
Para o director de viños de Mourad & Aziza, José Delgado, que visita por primeira vez Galicia e a D.O. Rías Baixas na que é a súa segunda estancia en España, está sendo unha gran experiencia para aprender todo sobre os viños de Rías Baixas: “estou descubrindo que son moi diferentes dunha subzona a outra e que envellecen moi ben”. Está sorprendido co “poder de envellecemento dos Rías Baixas”. Vivindo a vendima a man nesta denominación de orixe decátase de que “estamos ante viños cun prezo moi razoable, que non son caros, que son accesibles para o consumidor estadounidense e que ademais teñen ese plus de gran calidade”, asegura José Delgado, que se leva desta viaxe: “uns coñecementos e experiencias para comentar aos meus clientes”.
O continente americano, o que máis compra
Estados Unidos é o mercado exterior por excelencia dos viños de Rías Baixas, cuxas vendas representan máis do 30% do total das exportaciones, mentras que Canadá ocupa a oitava posición en volume. O continente americano é o que máis viño desta denominación de orixe galega importa. Estes datos influíron en que o Consello Regulador conte cun Plan de Promoción a ambos os dous países desde hai anos, que entre as súas numerosas actividades inclúe unha misión inversa anual destas características.
Os prescriptores
- Marianne Frantz é propietaria e fundadora en 2001 de American Wine School (AWS), onde opera nun territorio que abarca desde Cleveland (Ohio) a Chicago (Illinois). Desde entón, AWS educou a máis de 40,000 entusiastas do viño a través de clases e eventos en sete estados. Entre outros títulos, Marianne é Educadora Certificada de Viños Españoles.
- José Delgado, nativo de San Francisco (California) e profesional da hospitalidade de terceira xeración, xestionou restaurantes e colabou con recoñecidos directores de bebidas. A principios de 2017 uníuse ao equipo do chef Mourad, traballando coa directora de bebidas Tara Patrick e a súa galardonada lista de Wine Spectator.
- Kevin McGuire, procedente de Nueva York, é o xerente xeral de La Marchande, Lounge on Pearl e Bar Tontine, no recén renovado Wall Street Hotel de Manhattan, recoñecido como un dos mellores hoteis de Nova York por Condé Nast Traveler e Forbes. Anteriormente, traballara como xerente de Bebidas en The Edition Times Square.
- Sarah Pierre é a propietaria de 3 Parks Wine Shop en Atlanta (Georgia), un vibrante centro para os entusiastas do viño desde 2013. Baixo a súa dirección, 3 Parks Wine Shop foi votada como a “Mellor Tenda de Viños – Elección dos Lectores” por Atlanta Magazine en 2020 e foi nomeada “Minorista del Año” por Wine Enthusiast en 2023.
- Amanda Fraga, de Miami (Florida), é directora de bebidas en Genuine Hospitality Group. Amanda uníuse a The Genuine Hospitality Group, desempeñándose como sumiller en Michael’s Genuine e logo en Amara at Paraiso. Actualmente supervisa os programas de viños e xestiona aos sumilleres dos tres restaurantes de The Genuine Hospitality Group: Michael’s Genuine, Amara e Tigertail & Mary.
- Caroline Beaulieu, orixinaria de Île d’Orléans, preto da cidade de Québec, é xefa de sumilleres de Légende, un restaurante de catro diamantes coñecido pola súa gastronomía boreal, onde axudou a asegurar anualmente o Premio Best Award of Excellence de Wine Spectator.
- Minh Doan é director de Viños en dous prestixiosos establecementos en Montreal: Bouillon Bilk e Restaurant Cadet. Bouillon Bilk é coñecido polos seus exquisitos menús de degustación, complementados cunha selección de 800 referencias de viños. Pola súa banda, Restaurant Cadet ofrece un ambiente acolledor para ceas informales e platos compartidos, cunha lista de 300 referencias de viños.
- Lauren Hall é sumiller en Toronto e directora de Viños de Scale Hospitality, un grupo multinacional de restaurantes con 18 establecementos en Toronto e tres máis que se abrirán a principios de 2025 en Washington DC.
- Christopher Sealy é o director de Viños de Alo Restaurants en Toronto y sumiller. Explorou numerosas rexiones vinícolas, enriquecendo a súa comprensión das culturas vinícolas globais. A súa carreira abrangue roles no desenvolvemento de programas de viño, xestión xeral e educación, incluíndo a apertura do seu propio bar de viños. Colabora con Quench Magazine Canada e foi recoñecido como o primeiro Sumiller con Estrela Michelin de Canadá en 2022.