Volver

26 de Decembro

O Consello Regulador prevé certificar unhas 120.000 botellas de Rías Baixas Escumoso de Calidade para este Nadal

13 de decembro de 2018.- Unhas 120.000 botellas de Rías Baixas Escumoso de Calidade certificará para este Nadal o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Como corrobora o director técnico do Consello, Agustín Lago, existe un interese crecente por este produto: “nesta campaña están comercializando Rías Baixas Espumoso de Calidade catorce adegas e dezanove estano elaborando”.

Desde que este viño foi incluído no regulamento do Consello Regulador en 2009, de acordo coa normativa europea, que distingue entre Escumoso e Escumoso de Calidade, “o número de adegas non parou de medrar desde as cinco iniciais ata as dezanove que están elaborando agora, pero tamén é certo que a produción durante estes dos anos mantense algo estática”, admite Agustín Lago. O director técnico matiza que “no mercado pódense atopar ata vinte marcas deste produto de Rías Baixas”.

En canto á calificación, prevese chegar “a uns 90.000 litros deste produto de calidade”. Cabe ter en conta que esta semana acadáronse xa os 87.572 litros calificados, pero o Órgano de Control e Certificación agarda máis partidas para os vindeiros días.

Método champenoise

A normativa aplicada aos escumosos en Rías Baixas admite variedades tanto brancas como tintas e distínguense diversos tipos de viño segundo o nivel de azucre. Estes son Brut Nature (sen azucre), Extra Brut, Extra Seco, Seco, Semiseco y Dulce (que leva a maior cantidade de azucre).

Todos os Rías Baixas Escumosos de Calidade deben seguir o método tradicional do champenoise para a súa elaboración.