Volver

04 de Abril

O MASTER OF WINE, ESCRITOR E LOCUTOR GALARDOADO INGLÉS, PETER RICHARDS, ENRIQUÉCESE DO UNIVERSO RÍAS BAIXAS

Unha visita obrigada para todo Master of Wine é a Denominación de Orixe Rías Baixas, pola súa orixe, pola súa tradición e porque posúe un dos mellores viños brancos do mundo, atesourando a variedade autóctona albariño. Así puido corroboralo e vivilo en primeira persoa Peter Richards, escritor, locutor galardoado e Master of Wine inglés que estes días percorre esta Denominación de Orixe. Con el xa suman preto dunha vintena de masters of wines, procedentes de oito nacionalidades diferentes, os que pasaron ata o momento por Rías Baixas.

Diferentes tipos de adegas, emprazadas nas subzonas do Condado do Tea, O Rosal e O Salnés protagonizaron esta visita na que Peter Richards empapouse da paisaxe, a gastronomía local e sobre todo de viño de Rías Baixas, co obxectivo de ampliar os seus coñecementos sobre esta denominación de orixe, así como documentarse para os seus podcast.

Adegas pequenas e familiares ata máis grandes explicáronlle o que significa en Galicia “minifundio”, mostráronlle o sistema de condución máis utilizado na rexión: o “emparrado”, e todo sobre as súas variedades autóctonas, especialmente a albariño, que tan ben atesouran e gardan os viticultores de Rías Baixas. Probou diferentes tipoloxías de viños, fixo algunha que outra cata vertical e enriqueceuse con todo o que ten que ver co universo Rías Baixas Albariño. Un traballo do que poderá sacar bo partido este Master of Wine nos seus proxectos actuais e futuros.

Sobre Peter Richards

Escritor e locutor galardoado. O actor británico, Jimi Mistry chamoulle o “Superman do Viño” e Foodpedia “tesouro nacional”. Peter é un rostro familiar desde fai máis dunha década como presentador do “Saturday Kitchen” da BBC. Os seus créditos de transmisión tamén inclúen outras canles como Sky One, Amazon Prime… En 2022 lanzou unha nova serie sobre viaxes e viños, “The Wild Side of Wine”, que presetan e da cal é cocreador. As redes sociais alcumárono o “David Attenborough do viño”. Xunto á súa esposa, Susie Barrie, organizan evento e en 2020 lanzaron o podcast Wine Blast, que rapidamente se converteu nun dos 10 principais de Estados Unidos e Reino Unido. Ademais escribiu catro libros e contribuído a moitos outros e entre as súas múltiples tarefas traballa como consultor e asesor de hoteis, restaurantes, aerolíneas, operadores de viaxes.

Segundo mercado de exportación

Reino Unido é en volume e valor o segundo mercado en exportación dos viños de Rías Baixas. Foi no ano 2002 no que o mercado británico ocupaba a segunda posición na clasificación de exportacións desta Denominación de Orixe do que ata a data non se moveu.