Volver

04 de Maio

O prezo medio das exportacións da D.O. Rías Baixas supera os 6,50€ por litro

No exercicio 2022, 74 países compraron 11.967.897 botellas a 108 adegas desta denominación.

Os viños de Rías Baixas manteñen as súas boas cifras nos mercados internacionais, onde gañan prestixio e crecen en valor. 2022 será un ano para lembrar en materia de exportación cun volume 8.975.923 litros vendidos en volume e unhas cifras de 59.095.425 € en valor (prezo Ex Works). Unhas cifras que representan preto do 31,5%  das vendas totais das adegas adscritas á Denominación de Orixe. O pasado exercicio vendéronse un total de 11.967.897 botellas a un prezo medio de  6,58 euros litro (prezo Ex Works), aumentando en 0,65 € o sobre o prezo do ano anterior. O continente americano mantense como o mercado por excelencia destes viños atlánticos, tanto en volume como en valor.

Como explica o secretario xeral do Consello Regulador, Ramón Huidobro, “o mercado de Estados Unidos xera tendencia e dá prestixio e categoría aos nosos viños para seguir crecendo en imaxe. Que mellor referencia que os viños de Rías Baixas atópense nas cartas dos mellores restaurantes de cidades como  Nova York, Los Ángeles, Chicago, Boston, Washington ou outras”. Por mercados Estados Unidos segue crecendo en vendas, sumando xa 2.676.332 litros, mentres que Reino Unido continúa na segunda posición neste exercicio.

Un mercado que está a dar moitas alegrías ás empresas de Rías Baixas é Irlanda, que xa ocupa o terceiro posto no top-ten con 590.122 litros e con incrementos en volume e valor. Un lugar no pódium que lle cedeu Porto Rico, que pasa ao cuarto posto. Pola súa banda, México escala posicións ata o quinto lugar, con un  importante crecemento tanto en volume como en valor: “neste país os Rías Baixas convertéronse nun expoñente dos viños brancos”, engade Ramón Huidobro.

Completan esta clasificación: Países Baixos, Bélxica, Canadá, Suecia e Alemaña. Cada vez máis próximo ao top-ten atópase República Dominicana (undécima posición) con 162.787 litros. “Este ano organizamos un showroom con adegas en Santo Domingo e o certo é que o mercado que se está comportando moi ben. É un país pequeno pero no crecemos en volume e cun posicionamento en valor  alto, onde Rías Baixas é un viño de referencia”, afirma Eva Mínguez, directora de promoción do Consello Regulador.

Os dez primeiros destinos representan máis do 80% do volume das vendas internacionais, mentres que en valor estes países supoñen un 76,38% do total das vendas en euros.

Durante o exercicio 2022 executáronse nove plans de exportación: Estados Unidos, Reino Unido, BENELUX, Irlanda, Canadá, México, Alemaña, Porto Rico e Polonia, así como accións puntuais en República Dominicana e Suíza e unha misión de compradores de Suíza e Dinamarca.