Volver

07 de Agosto

O Túnel do Viño consolídase dentro do programa da Festa do Viño D.O. Rías Baixas Albariño

O Túnel do Viño organizado polo Consello Regulador consolidouse como un referente dentro da LXVI Festa do Viño Albariño D.O. Rías Baixas en Cambados. Foron moitos os amantes do viño que se achegaron entre o xoves 2 e o domingo 5 de agosto ao Salón de Congresos e Exposicións José Peña para degustar algunhas das máis de 161 marcas de 60 adegas expostas.

A directora do Departamento de Marketing, Eva Mínguez, explica que é unha actividade consolidada dentro do programa deste festejo: “a resposta do público está sendo moi positiva á proposta. O perfil do público asistente engloba a amantes do viño e cada vez é máis profesional”.

As opinións dos visitantes tanto ao VIII Túnel del Vino como ás 12 Catas Temáticas propuestas por 11 adegas “seguen sendo moi positivas, porque o que buscan estes participantes é un espazo de cata máis tranquilo, con variedade de viños. Ademais valoran moito o feito de poder contar co asesoramento dun sumiller profesional”, conclúe Mínguez.

XXX Cata Concurso Rías Baixas Albariño

Outro dos momentos máis destacados da fin de semana foi a XXX Cata Concurso Rías Baixas Albariño. O Primeiro Premio recaeu en Pazo de Rubianes (da Bodega Pazo de Rubianes), mentres que o segundo foi para La Trucha (de Bodega Finca Garabelos) e o terceiro para Abadía de San Campio (de Adegas Terras Gauda).

Nesta trixésima edición participaron un total de 58 marcas. Foron analizadas por 21 expertos pertencentes tanto ao panel interno do Consello Regulador como a un panel externo. Foi un certame moi rifado, xa que a diferencia entre os premiados foi moi pequena.

En xeral, todos os catadores destacaron a “calidade da colleita 2017 e dos viños presentados ao concurso”. Na cata prima fíxose a selección dos doce finalistas e nela “atopáronse cunha gran calidade pero tamén unha maior desigualdade”, segundo explicaron os catadores. Pero xa na cata derradeira a “elección volveuse máis complicada porque todos os viños posuían unha gran calidade”.