Volver

11 de Decembro

Os Rías Baixas Espumoso de Calidade inauguran a campaña navideña cunha produción de máis de 94.000 litros en 2024

Actualmente 25 bodegas da D.O Rías Baixas comercializan 30 marcas deste viño

O Nadal é a tempada estrela dos viños espumosos, pois están presentes en brindes e mesas de todas as casas. Cada ano máis consumidores apostan por incluír nas súas celebracións esta variedade, polo que a súa produción non para de crecer. A esta tendencia súmanse os Rías Baixas Espumoso de Calidade que, cunha sólida presenza no mercado desde hai tempo, na campaña deste ano superan unha produción de 94.079 litros.

A Denominación de Orixe Rías Baixas comezou a elaborar viño espumoso en 2012 e, desde entón, pódese dicir que xa é un produto consolidado no porfolio das adegas desta denominación. Actualmente, 25 adegas producen e comercializan 30 marcas distintas de Espumoso de Calidade baixo o selo D.O. Rías Baixas. Cada vez son máis as adegas que apostan por esta tipoloxía de viño cuxa demanda entre os consumidores aumenta cada ano.

A súa produción, que en 2024 excede as 125.438 botellas, segue o método tradicional champenoise, no que o viño realiza unha segunda fermentación dentro da botella. Desta forma xérase esa sensación cremosa propia dos viños elaborados seguindo este método cos que se elaboran os Espumosos de Calidade de Rías Baixas.

A normativa europea aplicada aos viños espumosos da D.O. Rías Baixas admite variedades tanto brancas como tintas, aínda que a produción é maioritariamente de branco. En función da cantidade de azucre engadido distínguense varios tipos de espumosos: Brut Nature (sen azucre engadido), Extra Brut, Extra Seco, Seco, Semiseco e Doce.