107 adegas desta denominación puxeron en circulación o pasado ano 10.809.225 botellas por todo o mundo, concretamente 8.106.919,16 litros. Este volume xa representa o 33,33% das vendas totais do pasado exercicio, sendo máis de 70 os países que importan viños de Rías Baixas. O valor, pola súa banda, ascendeu a 44.133.720 €.
Con todo, non se pode obviar que a COVID-19, os aranceis en Estados Unidos e a incerteza do BREXIT dificultaron as operacións das adegas. Segundo as cifras que manexa o Consello Regulador, as vendas dos seus viños foron en 2020 de 24.322.129 litros, o que supuxo unha diminución do 12,25% con respecto ao ano anterior, baixada que responde tamén a unha menor colleita con respecto a 2019. A evolución da pandemia e supresión dos aranceis de Estados Unidos, aínda provisional, fai albergar un bo futuro para as exportacións de Rías Baixas, que xa se pode entrever nas cifras dos dous primeiros meses deste ano, cun incremento en volume de viño verificado polo Órgano de Control e Certificación do Consello dun 16%.
Neste contexto, 2020 destacou polo lixeiro aumento (0,90%) do volume de exportación e o descenso do 0,79% en valor, cuxo prezo medio por litro situouse nun 5,44 €. En xeral, a evolución dos principais mercados é positiva: Estados Unidos mantén a súa posición como primeiro destino, cuxas vendas representan o 27,37% do total exportado. Séguelle Reino Unido, cunha porcentaxe do 26,25%, e Porto Rico como terceiro país importador, que creceu máis do 30% en volume e valor.
No top ten de mercados, os viños de Rías Baixas continúan gañando cota de mercado en Irlanda, e Canadá, con crecementos do 15% e 40% respectivamente.
Tamén foi un bo ano para outros destinos como Holanda, Suecia e Rusia, mentres que a crise sanitaria pasou factura en Alemaña e México. Fóra do top-ten destaca a traxectoria de Xapón.
Estas cifras son posibles grazas á aposta continuada das adegas, investindo recursos económicos e humanos, e co apoio do Consello Regulador. Un traballo de anos combinando orixe, calidade e diferenciación que posibilitou que os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas gañen presenza nos mercados internacionais nun exercicio tan complicado como o 2020. Hoxe máis que nunca, é necesario o apoio de todas as institucións, xa que son numerosos os desafíos futuros.
EXPORTACIONES POR DESTINOS
País | Volume 2020 | |
1 | Estados Unidos | 2.219.124,75 litros |
2 | Reino Unido | 2.128.669,75 litros |
3 | Puerto Rico | 499.415,00 litros |
4 | Irlanda | 368.201,50 litros |
5 | Canadá | 367.327,00 litros |
6 | Holanda | 314.495,00 litros |
7 | Alemania | 243.096,75 litros |
8 | Suecia | 237.203,25 litros |
9 | México | 198.436,50 litros |
10 | Rusia | 192.358,00 litros |
Resto de países | 1.338.591,66 litros | |
TOTAL | 8.106.919,16 litros |